Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mini Maratón

O maratón Coruña42 regresará ao calendario atlético o domingo 2 de outubro precedida do Mini Atlántica, unha proba que brindará a menores de idade a oportunidade de chegaren á meta (seren finishers).

No seu obxectivo de fomentar a práctica da actividade física desde idades temperás, o Concello da Coruña promove o sábado 1 de outubro, véspera de Coruña42, unha carreira concibida para quen naceu a partir de 2005.

A inscrición, do mesmo xeito que no caso das probas para menores de Coruña Corre, será gratuíta. Para participar no Mini Atlántica hai que apuntarse a través da seguinte ligazón.

Todas as persoas que se anoten á proba terán que levar un dorsal con chip desbotable xa que haberá un premio, xentileza de Decathlon, para o colexio que acuda con máis participantes, un dato, o do centro escolar de procedencia, que se solicitará no momento de inscribirse á carreira.

Podes descargar o regulamento do Mini Martatón Coruña42 a continuación:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión