Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Calendario e inscricións

Calendario 2020

Núm. Data Proba Distancia Superficie
1 19/01/2020 V Carreira Popular Matogrande 6.625 m

99,4% - Asfalto

0,6% - Lousa aparcadoiro

2 28/03/2020 X Carreira Popular Torre de Hércules 6.625 m

70,6% - Asfalto

25,4% - Lousa

4´0% - Lastro

3 10/05/2020 XIII Baixada Popular de Cros San Pedro de Visma 6.490 m

55,2% - Terra

44,8% - Asfalto

4 24/05/2020 X Carreira Popular Os Rosales 6.465 m

66´7% - Asfalto

33,3% - Lastro

5 13/09/2020 IX Carreira Popular Volta a Oza 6.250 m

72,6% - Asfalto

25,5% - Terra

1´9% - Herba

6 25/10/2020 VIII Carreira Popular Ventorrillo 5.585 m.

83,6% - Asfalto

11,3% - Terra

5´1% - Terra + herba

7 22/11/2020 X Carreira Popular Novo Mesoiro 5.535 m

69´1% - Asfalto

30,9% - Terra

A organización do Circuíto resérvase o dereito para aprazar ou suspender a organización dalgunha proba, sen que exista dereito a reclamar ningunha compensación, parcial nin total, por parte das persoas inscritas, salvo que a suspensión afecte a máis do 50% do total de probas que integran o circuíto.

INSCRICIÓNS, PARTICIPACIÓN E CHIP

INSCRICIÓN EN LIÑA

  • Poderán participar atletas populares e federados/as. A inscrición efectuarase a través da web Championchip Norte:

  • As/os menores de idade non federadas/os deberán inscribirse co consentimento expreso do pai/nai e/ou titor/a. No suposto de menores de idade federadas/os enténdese que a ficha federada implica este consentimento.

  • O prazo para inscribirse no circuíto comezará desde a data de publicación das presentes bases na web municipal, e terminará ás 23:59 do domingo 22 de marzo, data na que finaliza o prazo de inscrición para a 2ª carreira do Circuíto, X Carreira Popular Torre de Hércules, que se realiza o 28 de marzo de 2020.

  • Todas as persoas inscritas no circuíto deberán confirmar a súa participación en cada unha das carreiras, para figurar na lista de participantes, puntuar nas clasificacións e contribuír así á seguridade, organización e unha mellor prestación de servizos. En caso de non confirmar a súa participación, non figurarán na lista de participantes da carreira, nin figurarán os seus tempos, nin clasificacións.

  • O prazo para confirmar ou inscribirse en cada unha das carreiras finalizará ás 23.59 horas do domingo anterior á data de realización de cada unha delas.

  • A inscrición dará dereito a un dorsal, cuxa normativa se especifica no punto 6 destas bases.

  • É obrigatorio o uso de chip para participar. Ademais permite puntuar no circuíto, obter o tempo da carreira e a clasificación. A categoría Peques levará dorsal sen chip e participará en carreiras de promoción sen clasificación.

  • Para garantir a correcta aplicación do sistema de puntuación, é imprescindible a inscrición con DNI para todas as categorías. Para menores de 14 anos que non dispoñan de DNI, a organización non poderá garantir a exactitude dos datos para os efectos de clasificacións e puntuacións nas diferentes opcións que contempla o regulamento.

COTA

Para as categorías Sub 20, Sub 23, Sénior, Máster 1, Máster 2, Máster 3, Máster 4, Máster 5, Máster 6 e Máster 7

  • A cota de inscrición para participar será a seguinte:

    • Para participar no circuíto: será de 10 €.
    • Para persoas en situación de desemprego, maiores de 65 e en posesión do Carné Xove: será de 7 €.

  • Para participantes que opten por inscribirse individualmente nunha das carreiras: 2,00 € fóra de: persoas desempregadas, maiores de 65 e posuidoras do Carné Xove que será de 1,00 €. En ambos os casos sen dereito a chip; salvo que: compren un chip para o circuíto, compren un chip desbotable dun só uso, ou o teñan en propiedade.

CHIP:

É obrigatorio dispoñer de chip para participar, acceder ao sistema de cronometraxe e figurar nas clasificacións, e poderase elixir entre as opcións:

  • Compra do chip para o circuíto: As/os participantes que se inscriban ao Circuíto de Carreiras, poderán adquirir o chip por un importe de 12,00 €.
    • ​Unha vez finalizado o circuíto, quen compre o chip para o Circuíto Coruña Corre e o devolva recibirá un aboamento de 6,00 €, no mesmo número de conta desde o que se efectuou o ingreso.
    • O prazo para a devolución de chips finalizará 2 semanas despois da última carreira do ano e o prazo do aboamento finalizará 3 semanas despois da última carreira do ano, X Carreira Popular Novo Mesoiro que se realizrá o 22 de novembro de 2020.
    • A perda do chip obrigará á adquisición doutro novo ou ao uso de chip desbotable. Todo iso, sen dereito a bonificación
  • Uso de chip desbotable (de uso exclusivo para cada unha das carreiras. Non é necesaria a fianza). Para participantes que non queiran mercar o chip para todo o circuíto, poderán dispoñer dun para cada carreira que integra o circuíto, ao prezo de 2,00 € cada un. No caso de que a persoa participante sexa maior de 65 anos, beneficiaria do carné xove ou estea en situación de desemprego o prezo do aluguer será de 1,00 €.
  • Ser propietario/a dun chip

Para as categorías Sub 18, Sub 16, Sub 14, Sub 12, Sub 10 e Peque, a inscrición e o chip serán gratuítos.

  • Chips e dorsal: para contribuír á seguridade e organización da carreira é obrigatorio recoller o dorsal e o chip.

  • Para as/os Peques o Comité Organizador resérvase o dereito de limitar estas inscricións se as razóns organizativas e de seguridade o requirisen.

INSCRICIÓNS POR EQUIPOS

O prazo máximo para constituír e inscribir un equipo no circuíto finalizará coa inscrición na 2ª carreira do Circuíto (X Carreira Popular Torre de Hércules)

  • Equipos mixtos:
    • Para as inscricións por equipos mixtos, terán que designar as/os corredores/as que integran o equipo.
    • Considérase equipo mixto aquel que teña entre os seus integrantes participantes tanto masculinos como femininos, cun mínimo de 3 integrantes e un máximo de 4.
    • Equipos mixtos: categorías Sub 20, Sub 23, Sénior e Máster 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7.
  • Familias:

Considérase unidade familiar a partir de 2 integrantes, e só a membros que estean na seguinte liña de parentesco: avós/avoas, pais/nais, netos/as, irmáns/ás, fillos/as e parella.

  • Centro educativo:

Non é necesaria unha inscrición específica por centro educativo, senón que será suficiente con que a persoa participante indique, no formulario de inscrición, o centro e curso no que actualmente está matriculada.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión