Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Clasificacións

As clasificacións do circuíto e os seus premios serán para aquelas persoas que se inscriban especificamente no circuíto. As persoas que participen en todas as carreiras, pero que non se inscribiron no Circuíto Coruña Corre, non formarán parte da clasificación do devandito circuíto.

Establécense as seguintes clasificacións ao finalizar o circuíto:

INDIVIDUAIS:

  • Por categoría -maiores e menores - (feminina e masculina)
  • Absoluta (feminina e masculina)
  • Clasificación Absoluta Compensada (feminina e masculina)
  • Persoas con discapacidade (feminina e masculina)

COLECTIVAS:

  • Equipos mixtos
  • Familias
  • Centros educativos

CLASIFICACIÓNS INDIVIDUAIS:

A puntuación de atletas das categorías Sub 20, Sub 23, Sénior, Máster 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7 corresponderase co posto de chegada na clasificación xeral absoluta, sempre que a carreira se realice de maneira conxunta, se non fose así, terase en conta a clasificación de cada carreira.

A puntuación de atletas das categorías Sub 18, Sub 16, Sub 14, Sub 12 e Sub 10 corresponderase co posto de chegada na clasificación de cada categoría.

Para menores de 14 anos que non dispoñan de DNI, a organización non poderá garantir a exactitude dos datos para os efectos de clasificacións e puntuacións nas diferentes opcións que contempla o regulamento.

Para entrar na clasificación final do circuíto será obrigatorio terminar 6 carreiras do total das probas do circuíto e, en caso de finalizar máis probas, descartaranse automaticamente os peores resultados.

A persoa vencedora de cada categoría será aquela con menor suma de puntos, e en caso de empate teranse en conta:

a) O número de probas finalizadas

b) O maior número de mellores postos

c) A maior distancia en quilómetros percorridos

d) En caso de empate xurdido polos puntos anteriores, para o desempate terase en conta o posto da última carreira.

Clasificación Absoluta Compensada:

En cada carreira publicarase unha clasificación por xénero compensada en función da idade e da distancia da proba.

Sumando os 6 mellores postos de cada atleta, publicarase unha clasificación do circuíto compensada e aplicarase o mesmo criterio de desempate que na clasificación absoluta.

Clasificación para persoas con discapacidade:

Participarán todos as persoas con discapacidade inscritas como tal no circuíto, nas modalidades propias definidas no art.3, cunha clasificación propia.

CLASIFICACIÓNS COLECTIVAS:

Clasificación Equipos Mixtos:

Para que un equipo mixto puntúe nunha carreira será preciso que finalicen a carreira polo menos tres atletas do equipo. A puntuación do equipo nesa carreira será o resultado de sumar os puntos acadados polos seus tres mellores integrantes, en cada unha das súas categorías de idade e xénero.

Para que o equipo mixto puntúe na clasificación final do circuíto será necesario que o equipo puntuase en 6 carreiras como mínimo. En caso de participar en máis probas, computaranse os 6 mellores resultados.

O vencedor da clasificación de equipos mixtos será o que teña menor suma de puntos, e en caso de empate teranse en conta:

a) O número de probas finalizadas

b) O maior número de participacións individuais nas carreiras

c) O maior número de mellores postos

Clasificación familiar:

Para que un equipo familiar puntúe nunha proba será preciso que finalicen a proba polo menos dous atletas da unidade familiar, independentemente do sexo ou da categoría.

Na clasificación familiar, cada integrante do equipo obterá os mesmos puntos que o posto na clasificación por categorías. Puntuarán os dous mellores resultados.

Procederase como indica no exemplo: Equipo familiar: un 3º na súa categoría; un 21º na súa categoría na que participe (3+21)/2=12 puntos suma o equipo.

Lémbrase que a categoría Peques non puntúa.

Para entrar na clasificación final do circuíto cada equipo familiar deberá finalizar 6 probas e computarán, en todo caso, os 6 mellores resultados.

O equipo vencedor da clasificación familiar será o equipo con menor suma de puntos, e en caso de empates teranse en conta:

a) O número de probas finalizadas

b) O maior número de participacións individuais nas carreiras

c) O maior número de mellores postos

d) Equipos mixtos ou femininos sobre equipos masculinos

Clasificación participativa para centros educativos

Para a puntuación por centros educativos, terase en conta a participación dos/as menores que na súa inscrición indicasen o centro e curso no que actualmente están matriculados/as.

Trátase dunha clasificación basicamente participativa, na que cada atleta sumará un punto para o seu centro con cada participación. Os/as alumnos/as inscritos/as que participen nesta categoría puntuarán tamén como individuais no club ao que pertenzan, categoría individual e/ou equipo.

Teranse en conta as 6 carreiras que teñan maior participación das 7 que integran o circuíto.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión