Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Premios

Trofeos VII Circuíto Coruña Corre

PREMIOS PARA CADA CARREIRA

  • As tres primeiras persoas clasificadas en cada carreira das categorías Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16, Sub 18, Sub 20, Sub 23, Sénior, Máster 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7 e modalidades de Discapacidade recibirán unha medalla no podio de premiación.
  • Na categoría Peques, recibirán unha medalla de participación todas as persoas participantes ao chegar á meta. Non subirán ao podio.
  • Anunciaranse por megafonía a localización e o momento no que as clasificacións de cada carreira estean colocadas ao público.
  • Os/as participantes premiados/as deberán situarse na zona próxima á entrega de premios cando por megafonía se anuncie o seu comezo, así como estar pendentes do momento en que se chame a cada unha das categorías.
  • Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas premiadas.
  • Os/as responsables dos clubs que teñan constancia de que o/a atleta premiado/a non está presente, deben comunicalo na zona de premiación, para evitar esperas innecesarias.
  • Os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega, poderán perder o dereito a recollelo.
  • Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes nun prazo máximo de 15 días desde a realización da carreira, para acordar a entrega posterior do premio. Se se cumpre o dito prazo entenderase que renuncian.

PREMIOS CIRCUÍTO

Con independencia dos trofeos e premios que a organización estableza para cada unha das carreiras integrantes do circuíto, realizarase unha Gala de premiación do Circuíto na cal se fará entrega dos trofeos correspondentes, e cantos premios e obsequios correspondan, para iso fixarase unha data e lugar, do que se informará a través da web www.coruna/correraspopulares ou do correo electrónico facilitado no momento da inscrición.

Trofeos na gala: Entregarase un trofeo ás tres primeiras persoas clasificadas de todas as categorías, excepto a categoría Peques:

INDIVIDUAIS:

  • Por categoría - maiores e menores - (feminina e masculina)
  • Absoluta (feminina e masculina)
  • Clasificación Absoluta Compensada (feminina e masculina)
  • Persoas con discapacidade (feminina e masculina)

COLECTIVAS:

  • Equipos mixtos
  • Familias
  • Centros educativos

Premios especiais: a organización poderá establecer tantos premios especiais como considere. Para iso poñerase en contacto coas persoas destinatarias dos devanditos premios con antelación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión