Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Presentación

Presentación

Texto

O VIII Circuíto de Carreiras Populares de barrio "Coruña Corre" garante o fomento de calidade da práctica deportiva abrindo diversas liñas de acción entendidas desde distintas perspectivas como útiles, pedagóxicas, responsables ou saudables para a cidadanía.

Na elaboración deste circuíto, por unha banda, obsérvase a repercusión social, cultural, lúdica e humana da actividade deportiva, así como a súa incidencia en todo tipo de axentes. Por outro, a propia xestión municipal proponse establecer unha interacción tanto con xestores deportivos especializados, como co tecido veciñal, a imprescindible colaboración, en réxime de participación, dos barrios.

As carreiras contribúen a unha descentralización da actividade, implican un maior coñecemento dos diversos espazos e zonas da cidade, axudan a explorar no coñecemento, na identidade e memoria dos barrios, xerando un modelo de cooperación.

A convivencia entre a actividade lúdica e o deporte de alto rendemento pasa a ser unha elección. O circuíto é unha competición na que as persoas participantes, xa sexa de modo individual ou por equipos, suman puntos nas probas, o que deriva nunha clasificación proba a proba e outra final que se define no presente regulamento, pero tamén moito máis.

O circuíto é fundamentalmente divertimento, integración, saúde, punto de encontro e entendemento, sociabilidade, un lugar en definitiva propiedade da cidadanía.

Volver a menú

Premios

Trofeos II circuíto Coruña Corre

Os/as participantes premiados/as deberán situarse na zona próxima á entrega de premios cando por megafonía se anuncie o seu comezo, así como estar pendentes do momento en que se chame a cada unha das categorías.

Os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega, poderán perder o dereito para recollelo.

Os/as responsables dos clubs que teñan constancia de que o/a atleta premiado/a non está presente, deben comunicalo na zona de premiación, para evitar esperas innecesarias.

Exclusivamente poderá subir ao podio as persoas premiadas.

Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes nun prazo máximo de 15 días desde a realización da carreira, para acordar a entrega posterior do premio. Se se cumpre o dito prazo entenderase que renuncian.

Medios de contacto:

  • Servizo Municipal de Deportes (Palacio dos Deportes de Riazor - 1ª planta), de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Por correo electrónico ao seguinte enderezo: carreraspopulares@coruna.es

Con independencia dos trofeos e premios que cada organizador estableza para cada unha das probas integrantes do circuíto, realizarase unha Gala Final de entrega de Premios do Circuíto, na cal se entregarán os premios individuais, equipos e cuantos obsequios correspondan.

Trofeos

  • As tres primeiras persoas clasificadas en cada carreira das categorías Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16, Sub 18, Sub 20, Sub 23, Sénior, Máster 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7 e modalidades de Discapacidade recibirán unha medalla no podio de premiación. Na categoría Peques, recibirán unha medalla de participación todas as persoas participantes ao chegar á meta. Non subirán ao podio.

Trofeos Gala de Clausura

Entregaráselles un trofeo ás tres primeiras persoas clasificadas de todas as categorías, excepto a categoría Peques:

INDIVIDUAIS:

  • Por categoría -maiores e menores- (feminina e masculina)
  • Absoluta (feminina e masculina)
  • Clasificación Absoluta Compensada (feminina e masculina)
  • Persoas con discapacidade (feminina e masculina)

COLECTIVAS:

  • Equipos mixtos
  • Familias
  • Centros educativos

Premio especial

• A organización poderá establecer tantos premios especiais como considere. Para iso poñerase en contacto coas persoas destinatarias dos devanditos premios con antelación.

Volver a menú

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión