Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Reclamacións e publicidade

Reclamacións

  • Establécese un prazo de 5 días hábiles a partir da realización da proba, para interpoñer calquera reclamación ou denuncia. A dita reclamación efectuarase por escrito ante o Comité Organizador.

  • Unha vez examinada a denuncia e se o Comité Organizador o estima oportuno, será informada a persoa interesada e daráselle o prazo improrrogable de 5 días hábiles seguintes á recepción para que esta conteste ao devandito trámite de alegacións e achegue cantas probas considere oportunas.

  • Unha vez que transcorra o devandito prazo, con ou sen presentación de alegacións, o Comité Organizador propoñerá unha resolución.

  • O Comité Organizador resérvase o dereito de actuar de oficio cando concorran causas excepcionais que así o aconsellen, e o trámite será o mesmo que para as reclamacións ou sancións.

Publicidade e información

Toda a publicidade e información oficial relativa ao circuíto, así como inscricións e clasificacións, estará dispoñible na web: www.coruna.gal/carreraspopulares. A organización non se fai responsable da información que poida existir en calquera outra web.

Mediante a inscrición, o/a corredor/a consente expresamente que os seus datos sexan utilizados polo Concello da Coruña para comunicacións sobre as súas actividades.

De conformidade co establecido no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999 os datos de carácter persoal declarados pasarán a formar parte do ficheiro denominado "Instalacións deportivas", do cal o responsable do tratamento será o Concello da Coruña, dos que as finalidades e usos previstos serán os seguintes: xestión centralizada das instalacións deportivas municipais, das actividades impartidas nelas e do uso de instalacións.

Toda persoa participante, ao realizar a inscrición, acepta a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet, autorizando a toma de imaxes co fin de utilizalas para a promoción e difusión das devanditas actividades, así como á utilización do móbil e correo electrónico como forma de aviso e comunicación por parte do Servizo Municipal de Deportes. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados neste ficheiro poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Pza. María Pita , 1) nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da devandita lei orgánica.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión