Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Carreira Popular Matogrande

V Carreira Matogrande

Cartel V Carreira Popular Matogrande

CLASIFICACIÓNS

Horarios de corte de tráfico do próximo domingo 19 de xaneiro

  • De 7.30 a 14.30 h. Corte de Sebastián Martínez Risco - Zona Liceo, desde Luis Quintas Goyanes
  • De 10.15 a 11.15 h. Peche do circuíto da carreira absoluta, mantense a conexión de Alfonso Molina coa Estrada de Pocomaco, en ambos os sentidos e córtase só a conexión no sentido de saída da cidade e outros cortes:
  • O acceso desde a estrada de Pocomaco cara á universidade, mantense o acceso cara a Espazo Coruña - Coliseum.
  • As seguintes rúas do barrio de Matogrande:
    • Sebastián Martínez Risco
    • Juan Díaz Porlier
    • Enrique Mariñas Romero
    • Os viarios do Campus Universitario da Zapateira
  • De 11.15 a 12.40 h. Peche do circuíto de menores cortando os tramos marcados de Sebastián Martinez Risco - Juan Díaz Porlier e Enrique Mariñas.
  • De 12.40 a 13.00 h. Peche do circuíto dos peques cortando Sebastián Martinez Risco.

Outras incidencias:

  • Colocaranse sinais de prohibido aparcar na r/ Sebastián Martínez Risco e a glorieta de Juan Díaz Porlier.
  • Colocaranse sinais de prohibido desaparcar nas zonas do circuíto de menores con dous horarios de 10.15 a 12.45 e de 11.30 a 12.15 h.
  • Suprímese a parada de taxis e a de bus urbano na glorieta de Juan Díaz Porlier de 10.15 a 12.40 h.
  • De 11.15 a 12.40 h córtase a entrada e saída do aparcadoiro de Emvsa-praza desde Enrique Mariñas (Eroski), e mantéñense os accesos xunto ao hotel.

A data límite de recepción de inscricións será o DOMINGO 12 de xaneiro, ás 23:59 h.

En liña: a través de www.championchipnorte.com

HORARIO DE SAÍDAS E DISTANCIAS

CATEGORÍA

HORA

DISTANCIA

ABSOLUTA

10:30

6.625 m aprox.

99,4% - Asfalto

0,6% - Lousa aparcadoiro

SUB 18

11:35

2.535 m aprox.

SUB 16

11:35

2.535 m aprox.

SUB 14 FEMININO

11:50

1.495 m aprox.

SUB 14 MASCULINO

11:50

1.495 m aprox.

SUB 12 FEMININO*

12:00

730 m aprox.

SUB 12 MASCULINO*

12:10

730 m aprox.

SUB 10 FEMENIINO*

12:20

730 m aprox.

SUB 10 MASCULINO*

12:30

730 m aprox.

PEQUES*

12:40

120 m aprox.

LUGAR E RECOLLIDA DE DORSAIS. *Horarios orientativos en función da participación

Colexio Liceo La Paz, acceso pola rúa Sebastián Martínez Risco

  • Sábado 18 de xaneiro de 2020: de 11:00 a 20:30 h
  • Domingo 19 de xaneiro de 2020: ata ½ hora antes da saída de cada carreira

LUGAR DE SAÍDA E META

Rúa Sebastián Martínez Risco (á altura do Colexio Liceo La Paz)

PECHE DE CONTROL DA PROBA ABSOLUTA

Ás 11:30 horas

SERVIZO DE DUCHAS E GARDARROUPA

No Colexio Liceo La Paz o día da carreira, de 9:30 a 13:00 horas.

USO E DEVOLUCIÓN DO CHIP

O chip ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas ou cunha nocelleira á altura do nocello, ou pegado ao dorsal segundo o tipo de chip que se utilice.

  • Chip amarelo en propiedade (non se devolve)
  • Chip para todo o circuíto (non se devolve ata a finalización do circuíto)
  • Chip desbotable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das carreiras (non se devolve)

AVITUALLAMENTO DE META

Proporcionaráselles avituallamento a todas as persoas participantes en cada unha das categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.

COLOCACIÓN PÚBLICA DAS CLASIFICACIÓNS

Anunciaranse por megafonía a localización e o momento no que as clasificacións de cada carreira estean colocadas ao público.

ENTREGA DE PREMIOS

Horario e lugar: ás 13:00 horas no palco situado na zona polideportiva interior do Colexio Liceo La Paz.

  • As persoas premiadas deberán situarse na zona próxima á entrega de premios cando por megafonía se anuncie o seu comezo, así como estar pendentes do momento en que se chame a cada unha das categorías.
  • Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que o/a atleta non está presente, que o comuniquen na zona de premiación, para evitar esperas innecesarias.
  • Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas premiadas.
  • Con carácter xeral, quen non se presente á recollida do seu premio no momento da entrega, perderá o dereito para recollelo.
  • Quen poida alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega, deberá poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos.

MEDIOS DE CONTACTO

  • Servizo Municipal de Deportes (Palacio dos Deportes de Riazor - 1ª planta), de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
  • Por correo electrónico ao seguinte enderezo: carreraspopulares@coruna.es
  • Teléfonos de información: 981 189 800 (Ext. 25025 - 25038)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión