Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Inscrición menores Andaina Solidaria
A inscrición da Andaina Solidaria está dirixida a todas as idades. Lémbrase que non se trata dunha proba deportiva competitiva.
A pesar disto, pedimos responsabilidade na participación na proba e que non se inscriba a nenas e nenos que non sexan capaces de camiñar os 6.625 metros que están previstos.
Como establece o regulamento da proba no seu artigo 9, a participación no evento está baixo a responsabilidade e risco de cada unha das persoas participantes.
A organización non se fai responsable dos danos materiais ou morais que se lle poidan ocasionar ás persoas participantes da proba, nin tampouco dos posibles descoidos ou imprudencia que poidan cometer as devanditas persoas participantes.
Presentación
O Concello da Coruña e a Fundación EMALCSA colaboran na organización da X Carreira Popular Torre de Hércules "Trofeo José Antonio Varela Calviño", dentro do circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre 2020 e integrando nela a II Carreira e Andaina Solidaria #QUERÉMONOSVIVAS coa finalidade común de:
Ao mesmo tempo, as persoas participantes que non desexen competir, poderán facer unha marcha saíndo no último caixón da carreira e por un percorrido máis curto. Estas persoas levarán un dorsal solidario nunha cor distinta.
O regulamento específico completo relativo á carreira e á andaina, poderao atopar no documento adxunto no pé da páxina.
Data da carreira
Sábado 28 de marzo de 2020
Inscricións X Carreira Popular Torre de Hércules - II Carreira e Andaina Solidaria #QUERÉMONOSVIVAS
Data límite de inscrición á carreira: ata as 23:59 horas do domingo 22 de marzo de 2020
Data límite de inscrición ao circuíto: o prazo para facer inscrición individual, equipos e familia, finalizará ás 23:59 horas do domingo 22 de marzo de 2020
Data límite de inscrición á marcha: ata as 23:59 horas do domingo 22 de marzo de 2020
Todas as persoas (incluídas participantes menores) que fagan unha doazón das cantidades establecidas na plataforma: 3 €, 5 € ou doazón de libre vontade (superior a 5 €), dará lugar ademais ao dereito a recibir unha camiseta xunto co dorsal.
Todas as doazóns irán parar directamente á Fundación Emalcsa, e destinadas á investigación contra o cancro. A fundación será a responsable de emitir un certificado nominal da doazón realizada para os efectos fiscais. É imprescindible que as persoas participantes autoricen a cesión de datos á Fundación Emalcsa na plataforma web de inscrición no mesmo momento de realizar o donativo, respondendo a consulta de autorización que figurará no formulario de inscrición.
Horarios de saídas e distancias
CATEGORÍA | ANO NACEMENTO | HORA | DISTANCIA |
PEQUES | Nadas/os no ano 2013, 2014 e 2015 e 2016 | 17:30 | 150 m aprox. |
SUB 10 FEMININO | Nadas/os no ano 2011e 2012 | 17:45 | 800 m aprox. |
SUB 10 MASCULINO | 17:55 | 800 m aprox. | |
SUB 12 FEMININO | Nadas/os no ano 2009 2010 | 18:05 | 800 m aprox. |
SUB 12 MASCULINO | 18:15 | 800 m aprox. | |
SUB 14 FEMININO | Nadas/os no ano 2007e 2008 | 18:25 | 1.600 m aprox. |
SUB 14 MASCULINO | 18:35 | 1.600 m aprox. | |
SUB 16 | Nadas/os no ano 2005e 2006 | 18.45 | 2.400 m aprox. |
SUB 18 | Nadas/os no ano 2003 e 2004 | 19.05 | 2.400 m aprox. |
ABSOLUTA | 20.30 | 6.625 m aprox. |
Lugar e recollida de dorsais
Lugar de saída e meta
Paseo dos Menhires (zona estatua de Breogán)
Peche de control da proba absoluta
Ás 21:30 horas
Servizo de duchas e vestiario
Cidade Deportiva da Torre. O servizo de duchas será só para as persoas participantes na categoría absoluta, a partir das 20:00 h.
Servizo de gardarroupa
No Frontón da Cidade Deportiva da Torre en horario de 19:30 a 22:15 horas
Uso e devolución do chip
Avituallamento de meta
Proporcionaráselles auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en cada unha das categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.
Colocación pública das clasificacións
Anunciaranse por megafonía a localización e o momento no que as clasificacións de cada carreira estean colocadas ao público.
As clasificacións do circuíto e os seus premios serán para aquelas persoas participantes que se anotaron ao circuíto ata a realización da Torre de Hércules. As persoas que participen en todas as carreiras, pero que se inscribiron individualmente a cada unha delas, non formarán parte da clasificación do circuíto.
Entrega de premios
REGULAMENTO ESPECÍFICO DA II ANDAINA SOLIDARIA #QUERÉMONOSVIVAS 28 DE MARZO DE 2020
Aquelas persoas que non desexen competir na carreira poderán participar na andaina solidaria Querémonosvivas.
As persoas participantes na andaina colocaranse no último caixón de saída sinalizado para o efecto. A andaina sairá uns 5 minutos despois da carreira.
O percorrido será o mesmo que o da carreira, 6.625 metros.
Poderá participar na andaina calquera persoa con independencia da súa idade. No caso das persoas menores de idade, será responsabilidade dos pais, nais e/ou titores/as inscribilos na andaina. En todo caso, aquelas persoas que non se vexan capaces de recorrer toda a andaina sempre poderán abandonala posto que o percorrido transcorre preto do Paseo Marítimo.
Será obrigatorio abandonar a andaina no caso en que non se cumpra co horario de peche da proba, que rematará ás 22:00 horas.
As persoas participantes na andaina deberán levar un dorsal solidario (dorsal 261). Para obter o dorsal solidario deberase realizar unha doazón a través da páxina www.coruna.gal/carreiraspopulares ou www.championchipnorte.com .
As doazóns poderán ser de 3 €, 5 € ou unha cantidade de libre vontade (superior a 5 €).
As persoas que fagan unha doazón recibirán de regalo unha camiseta conmemorativa da carreira e andaina.
Todas as doazóns irán parar directamente á Fundación Emalcsa e serán destinadas integramente á investigación contra o cancro.
Medios de contacto:
Outros contidos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible