Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de setembro de 2021

A alcaldesa dálle a benvida á C10

A Coruña encherase esta fin de semana de atletas na que será a décimo quinta edición da carreira popular C10, unha das nosas probas favoritas.

Un evento que causou tanta expectación que as persoas participantes tardaron menos dunha hora en esgotar os dorsais. A mesma situación volveuse repetir cando dous días despois se ampliaron a 400 prazas máis.

É por iso que A Coruña será o 3 de outubro unha gran festa do deporte en que a inclusión será a nosa principal meta. Nesta proba participarán persoas con diversidade funcional nunha aposta firme porque ninguén quede atrás. Ademais, contamos cun aliciente. Desta vez, correremos polos peiraos ata hai ben pouco cerrados á cidadanía. Volverémolos sentir nosos nun circuíto fermoso en que o espazo público se conxugará coa práctica deportiva a través dunha carreira única.

Desde o concello, estamos a vivir a recuperación de todas estas citas con moitísima emoción porque queremos ver as coruñesas e os coruñeses de novo facendo deporte na rúa e gozando a cidade. Queremos retomar toda a actividade e que A Coruña se mova mesmo a mellor ritmo que o facía antes da pandemia porque iso evidenciará o noso bo estado de saúde.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión