Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

22 de novembro de 2019

•16 febreiro: XII Medio Maratón Coruña21 •26 abril: XIV Carreira Popular Coruña10 •4 outubro: IX Maratón Atlántica Coruña42 e Carreira Popular 10K

A Concellería de Deportes presenta o novo calendario de grandes carreiras, que se realizará na cidade durante a tempada 2020 en colaboración coa Federación Galega de Atletismo

Todas elas incluídas no calendario oficial de competición da RFEA e FGA, dirixidas a atletas federadas/os e populares, e con circuítos homologados.

C10 e C42, intercambian as súas datas tradicionais de realización.

O Medio Maratón C21, unha carreira que se consolidou con identidade propia, mantén a súa data habitual e realizarase o 16 de febreiro, terceiro domingo do mes.

A decana das carreiras populares da cidade, a Carreira Popular C10, traslada a súa data de realización ao cuarto domingo de abril, na primavera, que o próximo ano en concreto será o día 26, afástase da celebración da Semana Santa e vaise realizar durante o curso escolar. Un dos obxectivos da organización é potenciar e incrementar a participación de persoas adultas e menores, tanto populares como federadas/os, para o que se incrementasen as accións que fagan máis atractiva a participación.

Por último e como novidade, o Maratón Atlántica C42 por primeira vez trasládase ao outono, fíxase a súa realización no primeiro domingo de outubro, que en 2020 será o día 4, intégrase como referencia deportiva dos eventos, actos lúdicos e culturais que se desenvolvan na cidade con motivo da celebración das Festas do Rosario, festivo local, o que supoñerá un incremento no atractivo turístico da cidade e que permitirá ampliar a súa oferta deportiva.

Con este cambio de datas na realización do Maratón Atlántica C42, a organización busca facilitar a preparación previa das/os participantes máis populares durante a época estival, máis benigna no noso clima, así como incentivar a presenza de atletas de nivel nacional e internacional que busquen a obtención de marcas de referencia para os eventos internacionais da seguinte tempada, na contorna idónea que para esta práctica deportiva ofrece a nosa cidade.

Coincidindo co Maratón Atlántica C42, continuarase realizando a tradicional carreira 10k, como se veu realizando en todas as súas edicións, ademais dun amplo programa de actividades complementarias no que a organización está a traballar para incrementar o atractivo desta proba deportiva para que todas aquelas persoas practicantes de maratón non queiran perder esta próxima edición.

De todas elas a través da web www.coruna.gal/carreraspopulares iremos informando de apertura de inscricións, regulamento, circuítos, servizos etc... que iremos ampliando progresivamente a medida que se vaian concretando para cada unha delas.

Animamos desde aquí a todas as persoas afeccionadas e practicantes das carreiras a converter A Coruña nunha cita obrigada na tempada 2020.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión