Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de novembro de 2022

A épica de Novo Mesoiro, en imaxes

Revive a emocionante última proba apta para puntuar de Coruña Corre

Novo Mesoiro deixou imaxes épicas que agora podes gozar na nosa galería de fotos e tamén co vídeo do pasado domingo.

A última proba válida para puntuar de Coruña Corre 2022 desenvolveuse baixo a choiva e foi emocionante de principio a fin. A mellor forma de pechar o circuíto antes da carreira que baixará o pano á tempada, xa sen puntos en xogo, pero coa homenaxe aos 50 anos do CHUAC.

A choiva acompañou a xornada en Novo Mesoiro. O circuíto máis curto da tempada puxo a proba a capacidade de superación e resiliencia de cada deportista. A auga converteuse nun obstáculo máis, pero lonxe de deslucir o espectáculo, deu pé a ese afán de superación que moven o deporte e os seus protagonistas.

'E se chove, que chova', como dicimos por estas terras. Despois da borrasca que aprazou uns días a carreira do Ventorrillo, esta vez a meteoroloxía non cambiou os plans de centos de atletas que deron cor a Novo Mesoiro nunha mañá gris de outono.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión