30 de setembro de 2022
Durante a celebración da proba o vindeiro domingo haberá diversos cortes de tráfico con desvíos sinalizados
O Palexco acolle esta fin de semana a Feira do Corredor (Exporunning), un evento que non se celebraba na cidade desde o ano 2015 e que, plantexada como unha das actividades complementarias ao maratón Coruña42 que se celebrará este domingo, permitirá á cidadanía coñecer as últimas tendencias en nutrición e materiais deportivos, así como a asistencia a coloquios relacionados co deporte, a psicoloxía e fisioterapia.
A Feira do Corredor está aberta á cidadanía desde este venres, 30 de setembro (de 17.00 a 21.30 horas), coa segunda e última xornada prevista este sábado 1 de outubro (de 10.00 a 20.00 horas).
A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, puxo en valor "a proposta didáctica e divulgativa" da Feira do Corredor, que neste 2022 conta coa atleta galega Julia Vaquero como a madriña da edición. Vaquero será, ademais, unha das principais protagonistas nos coloquios que terán lugar este sábado no Palexco, compartindo mesa co tamén atleta coruñés Andrés Díaz, representante nacional nos Xogos Olímpicos de Atlanta e Sidney nos anos 1996 e 2000.
Os horarios dos coloquios deste sábado son os seguintes:
Recorda: de cara ao domingo, podes consultar os Cortes de tráfico por IX Maratón Atlántica C42 e Carreira popular 10K previstos na cidade durante as carreiras.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible