Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

17 de decembro de 2019

A III Carreira alternativa San Silvestre non conta cos permisos e a seguridade requiridos para ser legal

A Concellería de Deportes contactou coas persoas organizadoras desta proba alternativa á Carreira San Silvestre para intentar compatibilizar ambas as carreiras sempre e cando cumprisen cos requisitos de seguridade necesarios. A organización da carreira alternativa declinou a proposta da Concellería, polo que o evento non se poderá realizar dentro do marco legal.

A Concellería de Deportes foi coñecedora de que a páxina web "Correr en Galicia" estaba convocando a III Careira Alternativa San Silvestre na cidade da Coruña para o 31 de decembro de 2019, á mesa hora e cun percorrido practicamente igual ao da Carreira San Silvestre, e sendo esta última a oficial en que colabora o Concello e que dispón de todos os permisos pertinentes para se poder realizar.

De acordo co publicado nesa web, trátase dunha proba deportiva con inscrición e entrega e dorsais onde se mesturan varias modalidades deportivas como running, ciclismo, patinaxe etc.

Nun evento deportivo coma este, correspóndelle ao Concello da Coruña velar pola seguridade das persoas participantes e das/dos espectadoras/es. Por motivos de seguridade, a organización dun evento deportivo na cidade que se realiza na vía pública está supeditada á autorización previa da actividade, segundo o que establecen a Lei do deporte de Galicia, o Regulamento de circulación e a Lei de espectáculos públicos de Galicia. Esta mesma normativa tamén esixe que o organizador dun evento deportivo se responsabilice del presentando un seguro de responsabilidade civil e mais un de accidentes con cobertura sanitaria.

A Carreira San Silvestre está organizada en colaboración co Concello da Coruña co fin de comprobar que se cumpren todos os requisitos legais e que as corredoras e corredores participan neste evento con plena seguridade. Canto á III Carreira alternativa San Silvestre, a Concellería de Deportes contactou coas persoas organizadoras para intentar compatibilizar ambas as carreiras sempre e cando a proba mencionada cumprir os requisitos de seguridade expostos antes, e deulles a posibilidade de presentaren un percorrido alternativo para non interferir coa outra carreira. A organización da carreira alternativa declinou a proposta da Concellería de Deportes, motivo polo cal ese evento non se poderá desenvolver de forma legal e segura.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión