Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de maio de 2022

"A xente dos barrios" fotográfase nos Rosales

Antes da pausa estival de Coruña Corre, máis de 1.500 persoas gozaron da cuarta entrega deste circuíto de carreiras popular

"A xente dos barrios" corre na Coruña e deixa instantáneas para o recordo. Imaxes que reflicten o esforzo, a constancia, a superación e a satisfacción que implica correr polas rúas da cidade.

O domingo, o escenario foi o barrio dos Rosales cun percorrido que incluíu, ademais, na carreira absoluta, un bo tramo do Paseo Marítimo entre a zona de Labañou e O Portiño.

Coruña Corre tómase a súa pausa estival despois dos catro primeiros eventos, así que por diante tes tres meses para repasar as imaxes que foi deixando a competición. Así, a espera farase máis curta.

Preparámosche unha ampla galería de fotos dos Rosales e lembra que tamén lles podes botar unha ollada ás das tres primeiras probas: Matogrande, a Torre de Hércules e San Pedro de Visma. A meta é gozar.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión