Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de maio de 2022

Alteracións no tráfico pola Carreira Popular dos Rosales

Este domingo realizarase a cuarta proba de Coruña Corre, que afectará principalmente ao tramo final da rúa Manuel Azaña, onde estará situada a zona de saída e meta

A novena edición da Carreira Popular dos Rosales, que forma parte do Circuíto Coruña Corre e que se realizará o vindeiro domingo, 22 de maio, conta cun dispositivo especial de tráfico para garantir a seguridade de participantes e persoas condutoras.

Principalmente, cortarase o tráfico entre as 07:30 horas e as 14:30 horas no tramo final da rúa Manuel Azaña, no tramo que dá acceso á Praza Elíptica, onde estarán situadas a saída e a meta da proba. Nesa zona estará prohibido o estacionamento desde a medianoite do sábado ao domingo (00:00 do domingo 22).

Ademais, realizaranse cortes e desvíos de tráfico na mañá do domingo, polo que se recomenda reducir ao máximo os desprazamentos en vehículo durante a realización das carreiras nesa zona da cidade.

Os/as veciños/as dos Rosales terán acceso e saída da zona, aínda que con cortes breves. Recoméndaselles ás persoas residentes na contorna da Praza Elíptica que saian do barrio pola Estrada dos Fortes.

Entre as 10.00 e as 11.30 horas pecharase ao tráfico o circuíto, que se irá abrindo ao paso da carreira. Así, o tramo da rolda de Outeiro entre a avenida de Labañou e o Paseo Marítimo, por onde discorre a proba absoluta, quedará aberto, previsiblemente, ás 10:45 horas e o Paseo Marítimo, no tramo comprendido entre Labañou e O Portiño, abrirase cara ás 11:15 horas aproximadamente.

Desde as 11:30 horas ás 13:30 horas cortarase Manuel Azaña desde as rúas Rodríguez Castelao e Suárez Ferrín.

Ás persoas usuarias dos garaxes da rúa Alcalde Suárez Ferrín pídeselles que eviten saír cos seus vehículos deses estacionamentos entre o domingo entre as 10:00 e as 13:30 horas.

Lembra que son alteracións imprescindibles para o bo desenvolvemento da proba, que non sería posible sen a colaboración e participación cidadá, á que se lle agradece, de antemán, a súa comprensión e colaboración.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión