Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de maio de 2022

Álvaro Presedo e Uxía Rodríguez chegan á pausa estival como líderes

O cuarto posto nos Rosales propiciou o cambio na clasificación do Circuíto Coruña Corre en categoría feminina

O Circuíto Coruña Corre afrontará a súa pausa estival con Álvaro Presedo e Uxía Rodríguez á fronte da clasificación absoluta despois de catro probas disputadas, a última delas o pasado domingo nos Rosales.

Presedo escalara dúas posicións na xeral na anterior cita do circuíto, en San Pedro de Visma, onde se impuxo. Retivo o seu posto de privilexio na cuarta entrega, na que foi terceiro por detrás de Anxo Castro e Abdelaziz Fatihi.

O líder acumula tres puntos en catro probas, un menos que os que suman Fatihi, segundo clasificado, e Álvaro Marín, que participou en tres carreiras.

Si houbo cambio de líder na categoría feminina, agora con Uxía Rodríguez á fronte cun total de 164 puntos en dúas probas. Seis puntos sepáranlle da que chegou en primeira posición da xeral aos Rosales, Nerea Sánchez. O podio complétao Nati García.

Running Oleiros 1 encabeza a clasificación Mixto Adultos con tres puntos noutras tantas probas, tres menos que Showrunners CAS e CompisCas 6*.

En familias, os Soto Viñas e os Gontán Castro acumulan un punto, aínda que os primeiros participaron en tres carreiras e os segundos, nunha. Terceiros marchan os González Fernández a só medio punto.

En canto ás carreiras de menores, lideran a sub-18, Ainoa Gontán e Jorge Vázquez; en sub-16, Inés López e Juan Bouzón; en sub-14, Alba Morais e Adrián Paz; en sub-12, Lucía Ageitos e Hugo Oubel e en sub-10, Hugo Cordal e Paula Morais.

O CEIP Ramón de la Sagra domina a clasificación de centros educativos, co CEIP María Pita e o CPR Compañía de María no podio.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión