Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de abril de 2020

Comunicado conxunto do Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo

Desde a Concellería de Deportes do Concello da Coruña queremos informar sobre as consecuencias derivadas da actual situación decretada polo Goberno de España ante a crise pandémica provocada polo COVID-19, referidas ás diferentes probas atléticas previstas na nosa cidade: XIV Carreira Popular C10, IX Maratón Atlántica C42 e XXXIV Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns da Coruña - Sergio Vázquez. Así, xunto coa Federación Galega de Atletismo, damos conta á opinión pública do seguinte comunicado:

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo veñen mantendo un permanente contacto desde a aplicación das medidas indicadas no Real decreto lei 7/2020, do 12 de marzo , para responder ao impacto económico e sanitario dos contaxios da COVID-19. Baseándonos na secuencia dos acontecementos e posteriores ampliacións do estado de alarma por parte do Parlamento de España, preténdese analizar conxuntamente as repercusións que ten a pandemia sobre as competicións atléticas oficiais desenvolvidas na cidade da Coruña durante o ano 2020.

En base a iso, comunican:

1. O cambio de data da XIV Carreira Popular Coruña 10, prevista inicialmente para o próximo 26 de abril, para o 4 de outubro do 2020.

2. A cancelación durante o ano 2020 do IX Maratón Atlántica Coruña 42, previsto para o próximo 4 de outubro.

3. O adiamento do XXXIV Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns da Coruña - Sergio Vázquez, previsto para o próximo 30 de maio a unha data para determinar durante 2020.

Xustificación dos acordos

1. A Carreira Popular Coruña 10 non se pode disputar na data prevista, 26 de abril, por manterse vixente o estado de alarma en todo o territorio español.

2. Considerando que a Carreira Popular A Coruña 10 é a máis antiga das tres grandes carreiras oficiais da Coruña e é a que máis participación concita, supón unha prioridade á hora de buscar a mellor data posible durante o ano 2020.

3. Están a cancelarse ou aprazarse todas as probas atléticas por parte da Real Federación Española de Atletismo e Federación Galega de Atletismo, moitas delas para despois do verán. Nos últimos catro meses do ano haberá unha enorme densidade en España de carreiras de ruta, mesmo una certa saturación, polo que estarán moi afectadas, en especial, as probas que integren o calendario nacional.

4. Por outra banda, a necesidade da condición física que esixe a preparación dun maratón supón, para preservar os niveis de saúde das/os participantes, moitos máis meses de adestramento que as distancias inferiores, e devandito requirimento na actualidade non se pode asegurar.

5. Por todo iso, pola inseguridade que provoca a situación actual, polos problemas de comunicación e a necesidade de planificar con moitos meses as viaxes e reserva de hoteis, aconsellan a suspensión do maratón durante este ano, pensando en potencialo ao máximo no 2021.

6. O adiamento do Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns da Coruña faise pola situación de confinamento que, previsiblemente, afectará a España no mes de maio que imposibilita a preparación das marchadoras e marchadores españois e probablemente, pola imposibilidade legal de organizalo.

7. Pero tamén porque os efectos do COVID-19 están a producirse en tempos distintos en cada país, o que dificulta o adestramento das súas e os seus atletas e a recomposición do calendario internacional.

8. Por isto, a World Athletics publicou un comunicado informando de que as marcas efectuadas para a clasificación dos Xogos Olímpicos do 2021 só serán válidas a partir do 1 de decembro de 2020, polo que realizar a marcha Cantóns antes desa data restaríalle atractivo.

9. En calquera caso, estase en contacto coa World Athletics e resto de organizadores que forman parte da Challenge Mundial de Marcha para tomar unha decisión definitiva.

10. O Concello da Coruña e a FGA seguirán apostando para que esta cidade siga sendo unha das poucas de España que posúe tres carreiras no calendario nacional de ruta, e é a única do mundo que, no sector da marcha atlética, o Gran Premio Cantóns (1986), fora galardoada pola World Athletics como Patrimonio Mundial do Atletismo, xunto co Maratón de Boston (1897), o de Atenas (1972) e tres competicións históricas de campo a través: os campionatos de cros ingleses (1877), os campionatos de EE.UU. (1889) e a Cinque Mulini (1933), unha reunión anual en Italia.

Unha vez superado o confinamento e levantado o estado de alarma no país, a Concellería de Deportes dispoñerá e comunicará as novas datas de realización daqueles eventos que poidan ser trasladados, e activará e informará sobre os procedementos administrativos que hai que seguir para aquelas persoas afectadas que así poidan recuperar os importes aboados polas distintas inscricións, ou trasladalos ás novas datas de realización.

Juan Ignacio Borrego Vázquez

Concelleiro de Deportes e 1º tenente de alcaldesa

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión