Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de maio de 2022

Concilia nos Rosales coa ludoteca

O vindeiro domingo, 22 de maio, tes á túa disposición o servizo para compaxinar a vida deportiva e a familiar na cuarta proba do Circuíto Coruña Corre

O Concello da Coruña promove o deporte e a conciliación, que van da man no Circuíto Coruña Corre. Por unha banda, facilítase a inscrición gratuíta de menores de 18 anos para fomentar a actividade física e loitar contra o sedentarismo desde idades temperás e, por outro, ofrécese a pais, nais e titores/as a opción de deixar os nenos e as nenas na ludoteca en cada carreira.

O servizo de atención á infancia volverá estar dispoñible o vindeiro domingo, 22 de maio, na novena edición da carreira dos Rosales.

Das 1.576 persoas inscritas, 330 teñen previsto participar na categoría de Peques, cuxas carreiras comezarán cara ás 13:00 horas.

Desde as 10:00 horas ata que empecen esas probas coas que se pon punto e final á xornada deportiva, poderás deixar a nena ou neno na ludoteca, que estará situada no pavillón dos Rosales.

Este servizo, que debe solicitarse previamente, habilítase para os fillos e fillas de quen compite na proba, con independencia de se os/as menores corren ou non na súa categoría.

Quen acuda á ludoteca terá á súa disposición a persoas monitoras, tituladas en tempo libre. Garántese un cociente de 10 nenos/as por cada persoa monitora.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión