Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de setembro de 2022

Conferencias, con C de Coruña42

Rodrigo Gavela, Madó González, Saúl Sánchez, Andrés Díaz e Julia Vaquero participarán nos relatorios e a mesa redonda do próximo sábado, véspera do Maratón Atlántica, na Exporunning

O deporte non é só actividade física. Por iso, Coruña42 vén acompañada a próxima fin de semana dun ciclo de conferencias que se celebrará o sábado no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña, Palexco, recinto que acollerá desde o venres a feira do corredor, Exporunning.

A xornada de relatorios que organiza o Concello da Coruña comezará ás 17.00 horas co nutricionista deportivo e coach nutricional Saúl Sánchez, que estivo vencellado ao Deportivo e que agora asesora ao Noia Portus Apostoli, recentemente ascendido a Primeira División de fútbol sala, e publicou máis de 2.000 artigos con carácter científico.

Daralle a substitución, ás 17.30 horas, a psicóloga deportiva Madó González, asidua do Circuíto Coruña Corre co club 'A Mochila do Deporte' e unha das mellores mediofondistas españolas dos anos noventa.

O ciclo de relatorios completarao, ás 18.00 horas, Rodrigo Gavela, que participou nuns Xogos Olímpicos, os de Barcelona 92, e neses anos foi campión de España de Maratón e récord nacional na distancia. Ademais, foi adestrador e xestor de eventos deportivos como a carreira da muller, o medio maratón de Madrid e o maratón de Sevilla. Tamén creou o test que leva o seu nome para estimar, por exemplo, cal será o teu tempo en Coruña42.

Á conclusión dos relatorios, celebrarase a mesa redonda cos tres oradores e os exatletas Andrés Díaz e Julia Vaquero, que é a madriña desta edición do Maratón Atlántica.

O acceso á xornada, que se celebrará no hall de Popa de Palexco, é gratuíto e libre.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión