Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de agosto de 2022

Coruña Corre volve en setembro e xa te podes inscribir na proba de Oza

A data límite para apuntarse á quinta carreira do circuíto é o 4 de setembro ás 23.59 horas, unha semana antes de que se dispute

Coruña Corre, o circuíto de carreiras populares da Coruña, regresa en setembro despois de tres meses de descanso e xa te podes inscribir na quinta proba do calendario, a Volta a Oza, que se realizará o domingo 11 de setembro.

As inscricións están habilitadas na web https://corunacorre.com/es/web/evento/2237/ ata o domingo 4 de setembro ás 23.59 horas, unha semana antes de que se realice a competición.

A proba absoluta comezará ás 10.00 horas e, posteriormente, a partir das 11.15 horas, están programadas as carreiras de menores, desde sub-18 a peques, que sairán arredor das 12.25 horas.

Co obxectivo do Goberno municipal de promocionar o deporte e os hábitos de vida saudables desde a nenez. A inscrición é gratuíta para os/as menores de 18 anos.

Os inscritos e inscritas no circuíto unicamente deben confirmar a súa participación na web dentro dos prazos de inscrición, sen aboar ningunha cota adicional.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión