Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de agosto de 2022

Coruña42 comeza o prazo de inscrición presencial en El Corte Inglés

Os departamentos de deportes de El Corte Inglés comezaron a tramitar as inscricións para participar na novena edición do Maratón Atlántica que reaparece tras a pandemia o próximo 2 de outubro

A menos de dous meses para que reapareza no calendario deportivo coruñés a C42, as inscricións están xa dispoñibles de maneira presencial, ademais da opción en liña.

Quen opte por esta nova vía para estar no Maratón Atlántica poden apuntarse nos Departamentos de Deportes dos centros de El Corte Inglés, un dos patrocinadores da proba, na Coruña (rúa Ramón e Cajal), Santiago de Compostela (rúa do Restollal) e Vigo (Gran Vía).

Estarán dispoñibles ata o 17 de setembro cunha cota de 30 euros.

En paralelo á Coruña42, celebrarase unha popular de 10 quilómetros. Neste caso, a inscrición custa 6 euros.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión