Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de maio de 2022

Sprint final para inscribirse na carreira dos Rosales

Para confirmar a túa presenza na cuarta entrega do Circuíto Coruña Corre debes formalizar a inscrición, como moi tarde, o domingo 15 de maio ás 23:59 horas

Máis de 1.400 persoas apuntáronse este ano a Coruña Corre e, no caso concreto dos Rosales, son xa máis de 1.100 as que confirmaron a súa presenza na última carreira deste primeiro semestre de 2022.

E é que, despois do evento dos Rosales, Coruña Corre non regresará ata o 11 de setembro coa Volta a Oza. Un motivo máis para correr o penúltimo domingo de maio na Coruña antes desa pausa estival.

A ligazón para formalizar a inscrición é a seguinte: INSCRICIÓN - IX Carreira Popular dos Rosales

Lembra que as probas comezarán ás 10:30 horas coa absoluta e que a actividade seguirá coas carreiras de menores. A inscrición para as persoas menores de 18 anos é gratuíta.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión