Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de xaneiro de 2022

Matogrande inaugura a novena edición do CoruñaCorre con récord de inscricións

A primeira proba do circuíto de Carreiras Populares celebrarase o vindeiro domingo día 23 ás 10.00 horas coa categoría absoluta. Haberá tamén carreiras de menores desde categoría peques ata Sub-18.

O Circuíto de Carreiras Populares CoruñaCorre abrirá o pano da súa novena edición o próximo 23 de xaneiro coa celebración da súa primeira proba, a Popular de Matogrande. A carreira, na categoría absoluta, comezará ás 10.00 horas, e sairá da Rúa Sebastián Martínez Risco (Centro Liceo A Paz) para cubrir un trazado de 7.140 metros. É necesario destacar a gran resposta dos/as runners coruñeses, batendo nesta edición o récord de inscricións respecto da dos últimos 5 anos, cun total de 1842 corredoras e corredores inscritos.

Tras a disputa da carreira absoluta será a quenda das competicións de menores, desde Sub-18 ata "Peques". Lembramos que este ano, como novidade, os fillos dos runners da categoría absoluta poderán gozar do servizo de acompañamento de menores e ser atendidos por monitores cualificados con actividades de entretemento.

Como novidade nesta edición, as corredoras e corredores entrarán no estadio universitario de Elviña, para dar unha volta completa á pista de atletismo e completar a continuación o percorrido do circuíto.

A inscrición alcanza un total de 1.839 participantes, dos que 1.230 corresponden á carreira de adultos e 405 ás distintas probas que se realizarán nas categorías de menores. "A carreira de Peques" contará cunha participación de 204 corredores.

Lembrámosvos que o prazo de inscrición para anotarse na novena edición do Circuíto finalizará domingo 1 de maio, momento do peche de anotación da terceira carreira, a Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma.

CoruñaCorre está a piques de dar comezo coa súa novena edición e cortará a fita o próximo 23 en Matogrande e co mesmo obxectivo das anteriores edicións: achegar o running aos barrios coruñeses e facer da competición un evento festivo. Agardámosvos!

A continuación, presentamos os circuítos para a Carreira Popular de Matogrande.

Documentos:

Circuíto carreira absoluta (634 KB)

Circuítos carreiras de menores (443 KB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión