Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de novembro de 2022

Novo Mesoiro afronta a recta final da súa inscrición con máis de 1.500 atletas

O prazo para apuntarse á última proba apta para puntuar desta tempada no Circuíto Coruña Corre conclúe o domingo (20 de novembro) ás 23.59 horas.

Máis de 1.500 deportistas apuntáronse xa á última proba válida para puntuar do Circuíto Coruña Corre 2022 e o prazo para anotarse á carreira que se celebrará en Novo Mesoiro afronta a súa recta final.

Aínda podes inscribirte ata o domingo 20 de novembro ás 23.59 horas en https://corunacorre.com/é/web/evento/2239/.

Case a metade das persoas que se inscribiron (máis de 700) competirán na carreira absoluta, que decidirá as clasificacións finais do circuíto e que completarán o domingo 27 de novembro 5,5 quilómetros no barrio de Novo Mesoiro.

Tras a absoluta, destaca a alta participación en Peques, con preto de medio milleiro de inscricións para a última fin de semana de novembro.

Lembra que a inscrición para menores de idade é gratuíta no Circuíto Coruña Corre e que, aínda que a última proba apta para puntuar da tempada é a de Novo Mesoiro, por diante quedará outra, a que conmemorará en decembro o 50 aniversario do CHUAC.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión