Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

22 de novembro de 2019

O Maratón C42 correrase en outubro

A Concellería de Deportes presenta o novo calendario de carreiras para 2020 que presenta como novidade o cambio de datas na C42 (4 de outubro) e na carreira popular C10 (26 de abril)

O calendario de carreiras que se realizan na cidade presenta para 2020 unha novidade destacada: o Maratón Atlántica C42 trasladarase ao outono e correrase o 4 de outubro. Integrarase como referencia deportiva do programa de actos que se desenvolverán na cidade con motivo das Festas do Rosario, festivo local, o que supoñerá un incremento no atractivo turístico da cidade e que permitirá ampliar a súa oferta deportiva. Deste xeito, o persoal responsable da Concellería de Deportes quere animar as corredoras e os corredores a converteren A Coruña nunha cita obrigada na próxima tempada.

A intención da Concellería de Deportes é a de facilitar a preparación previa das e dos participantes máis populares durante a época estival, cun clima máis propenso, así como incentivar a presenza de atletas de nivel nacional e internacional que busquen a obtención de marcas de referencia para os eventos internacionais da seguinte tempada, facilitando unha contorna idónea para esta práctica deportiva. Coincidindo co Maratón Atlántica C42, continuarase realizando a tradicional carreira 10 k, como se veu facendo en todas as súas edicións, ademais dun amplo programa de actividades complementarias no que a organización está a traballar.

A decana das carreiras populares da cidade, a Carreira Popular C10, tamén cambia de data no calendario. Realizarase o 26 de abril. A organización busca potenciar e incrementar a participación de persoas adultas e menores, tanto populares como federadas/os.

Para máis información: www.coruna.gal/carreraspopulares

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión