Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de setembro de 2022

O Ventorrillo agárdate. Inscríbete!

A sexta proba de Coruña Corre chega ao barrio do Ventorrillo o 23 de outubro e xa podes confirmar a túa inscrición ata unha semana antes da carreira.

O circuíto de carreiras populares Coruña Corre segue queimando etapas. "A xente dos barrios corre na Coruña" é a próxima entrega, a sexta da tempada, celebrarase o 23 de outubro no Ventorrillo.

O prazo de inscrición xa está aberto. Tes un mes por diante para apuntarte, ata o 16 de outubro -unha semana antes da competición- ás 23.59 horas. Está dispoñible nesta ligazón a inscrición

Non te despistes! Coruña Corre afronta a recta final da tempada e, se non o fixeches en carreiras anteriores, aínda podes sumarte e practicar atletismo nos barrios da cidade.

Lembra que para as persoas menores de 18 anos a inscrición é gratuíta co obxectivo de fomentar a práctica deportiva a esas idades.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión