Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de febreiro de 2023

Os dorsais para Coruña21 estarán dispoñibles dende o venres

As persoas inscritas poden pasar a recollelos no departamento de deportes do Corte Inglés dentro do seu horario comercial

Coruña21 e a súa 5K paralela achéganse. O domingo 12 de febreiro as rúas da Coruña encheranse de deportistas que previamente deben pasar a recoller os seus dorsais.

As persoas que participen no medio maratón ou na proba de 5.000 metros terán á súa disposición os números e chips o venres e o sábado de 10:00 horas a 21:30 no departamento de deportes (quinta planta) do Corte Inglés na Coruña (Rúa Ramón e Cajal).

O día da carreira, e de maneira extraordinaria, tamén poderán retirarse a partir das 09:00 horas na zona de saída/meta no Obelisco.

Cos dorsais e chips tamén se entregará a cada deportista a camiseta oficial da carreira, tanto para a C21 como para a 5K e as probas para menores de idade.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión