Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de maio de 2022

Os Rosales agárdate cun amplo abano de servizos

Os dorsais para a proba estarán dispoñibles o sábado, véspera da competición, de 11:00 horas a 20:30 horas no Polideportivo Municipal dos Rosales

Cada carreira do Circuíto Coruña Corre está acompañada dun amplo abano de servizos para as persoas participantes. A do próximo domingo, 22 de maio, nos Rosales non é unha excepción.

Para empezar, a recollida dos dorsais. Lembra que se dispós do dorsal para todo o Circuíto de Coruña Corre non tes que pasar a retiralo. Para quen só se apuntou a esta proba, a cuarta da tempada, estarán á súa disposición o sábado, véspera da competición, de 11:00 horas a 20:30 horas no Polideportivo Municipal dos Rosales. Excepcionalmente, tamén se entregarán nesa mesma localización ata unha hora antes do comezo de cada unha das carreiras.

O código QR que incorporan os dorsais permitirá comprobar os resultados ao instante. Ademais, a aplicación de Coruña Corre tamén incorpora os tempos, percorridos e información de cada evento do circuíto e podes descargala en https://corunacorre.com/gl/web/mobile/.

A saída e a meta estarán na rúa Manuel Azaña, próxima á praza Elíptica. A proba absoluta comezará ás 10:30 horas e ás 11:30 horas producirase o peche de control. A partir das 11:35 h están programadas as carreiras de menores e desde as 13:00 horas, as de Peques.

O servizo de duchas habilitarase no Polideportivo Municipal dos Rosales de 11:00 a 13:30 h e o de gardarroupa, nesa mesma localización, de 09:30 a 12:30 h.

Desde as 10:00 e ata as 12:30 h, dispoñerase do servizo de ludoteca, con reserva previa, para conciliar deporte e familia (aquí tes máis información).

Os e as deportistas poderán repoñer forzas no avituallamento, que contará cun botello de auga xentileza de Coca-Cola, un boliño de pan con pebidas de chocolate de Sanbrandan e unha barriña enerxética que achega Gadis.

E se ademais de participar e facer deporte consegues acabar nas primeiras posicións, ten en conta que a entrega de premios terá lugar ás 13:30 horas no palco situado na zona de saída e meta. Ademais, lembra que na categoría Peques hai medalla por participar.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión