Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de setembro de 2021

Participando desde Ourense en Coruña10

Francisco Bao, participante en todas as edicións de Coruña10

Participei en todas as edicións que se realizaron de Coruña10, son sempre un dos primeiros en anotarse nesta mítica e multitudinaria carreira.

Recordo con agrado os lugares por onde corriamos: Obelisco, Cantóns, Castelo de San Antón, Paseo Marítimo, logo por Riazor, Millennium, Torre de Hércules.

Sempre me trataron moi ben, porque son coñecido na Coruña e sempre tiña a miña entrevista na meta. Mesmo corrín o primeiro maratón da Coruña e varios medio maratóns, que gozamos polos Cantóns e Paseo Marítimo.

Coruña10 é unha carreira fixa no meu apertado calendario (600 carreiras), xa que ten moi boa organización, percorrido homologado e con moita xente animando en todo o seu percorrido.

Conséguense moi boas marcas e vémonos os/as atletas que estamos a facer o que máis nos gusta, gozar e divertirnos na cidade na que ninguén é forasteiro.

Eu son un "fixo" en todas as edicións, aínda que este ano non poida acudir por estar anotado antes a outra proba. Teño que percorrer 428 Kmts. para gozar da Coruña, pero encántame correr Coruña10, pola súa hospitalidade e ter grandes amigos.

Ánimo e vémonos na próxima edición!

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión