Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de xaneiro de 2022

Protocolo COVID para a Carreira de Matogrande

O vindeiro domingo realizarase a popular de Matogrande con medidas preventivas de seguridade sanitaria para as persoas participantes

Será obrigatorio que as/os atletas permanezan en todo momento coa máscara posta, mesmo durante a carreira

Condicións de participación (maiores de 12 anos)

Para a participación e a entrega do dorsal, será imprescindible cumprir algunha das seguintes condicións:

  • Mostrar o certificado de vacinación COVID
  • Achega do certificado dunha PCR negativa (realizada nas anteriores 72 horas) ou test de antíxenos negativo (realizado nas últimas 48 horas)
  • Certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores a se realizar a proba.

Unha destas tres condiciones deberá ser mostrada á organización no momento da recollida do dorsal.

A saída da carreira realizarase en quendas de ata 300 atletas simultaneamente cunha cadencia mínima entre quendas de 1 minuto. As persoas participantes deberán ter posta a máscara en todo momento, mesmo durante a realización da carreira.

Condicións de participación para atletas ata a categoría Sub 14

Non será preciso nin o certificado de vacinación, nin o test de antíxenos, nin o certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19. A organización pedirá a entrega da Declaración responsable na recollida de dorsais. Poden descargar o modelo de Declaración responsable na seguinte ligazón: https://corunacorre.com/es/web/documentos/

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión