Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de maio de 2022

Última chamada para apuntarse á Carreira contra o cancro

Pódeste inscribires ata o vindeiro xoves, tanto de maneira telemática como presencial

A Asociación Contra o Cancro (AECC) da Coruña organiza o domingo 29 de maio, a partir das 10:00 h, a novena edición da Carreira contra o cancro Coruña-En Marcha Contra o Cancro, coa que colabora o Concello da Coruña e que mantén aberto o prazo de inscrición ata o xoves 26.

A recadación da carreira popular, a andaina e a zumba solidarias será destinada a apoiar a investigación do cancro.

Podes correr, camiñar, pasar un día en familia... Anímate e inscríbete porque... esta carreira gañámola todas e todos xuntos!

A inscrición telemática está dispoñible desde a web http://www.corunaenmarchacontraocancro.com.

Ademais, de maneira presencial, podes formalizala na sede da Asociación Española Contra o Cancro na Coruña, na rúa Real número 1, ou en El Corte Inglés de Ramón y Cajal.

Colabora, participa e axuda tamén difundindo esta mensaxe entre os teus contactos.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión