Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xaneiro de 2022

Vídeo oficial da Carreira de Matogrande, que marcou o inicio do noveno Coruña Corre

O pasado 23 de xaneiro comezou a novena edición do Coruña Corre. Matogrande acolleu a súa carreira popular e convidámosvos a gozar co vídeo oficial e rememorar as sensacións vividas durante a carreira.

O 23 de xaneiro foi a data da VI Carreira Popular de Matogrande, punto de partida do circuíto municipal de carreiras populares. Alí estivo, do mesmo xeito que en anteriores citas, o equipo de imaxe para producir e editar un vídeo que nos permitirá revivir a carreira.

Non pode haber mellor testemuño do que foi o inicio do circuíto Coruña Corre cun novo récord de inscrición. Ademais de seleccionar as mellores imaxes da proba, poderedes gozar dalgúns dos grandes momentos dunha mañá que congregou centos de atletas no barrio coruñés.

Acceda a través desta ligazón ao vídeo da carreira.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión