Concello da Coruña

Concello da Coruña

Protocolo Covid-19

Esta edición cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID-DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte con data de 9 de xuño de 2021, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID-19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento.

Polo que a organización, o Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo, por causas de forza maior, reservaranse o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios, previo acordo entre ambas as partes, e que serán comunicados e difundidos entre as persoas inscritas, para o seu coñecemento.

DESPRAZAMENTOS

Aqueles participantes e acompañantes que veñan de fora de Galicia e/ou estiveran nos últimos catorce días en territorios de alta incidencia epidemiolóxica COVID, inexcusablemente deberán comunicarllo de forma veraz ao Servizo Galego de Saúde a través de: https://www.sergas.es/a-nosa-organizacion/Benvida-viaxeirxs?idioma=ga

INFORMACIÓN XERAL DE ANTÍXENOS

Cada participante na retirada do dorsal, deberá achegar un certificado dunha proba PCR ou de antíxeno negativa CERTIFICADA por farmacia ou servizo médico cun máximo de 72 h antes do inicio da proba, sendo válidos aqueles certificados coa data do xoves 30 de setembro, venres 1 de outubro, sábado 2 de outubro ou o domingo 3 de outubro. É imprescindible que devandito certificado sexa entregado xunto coa declaración responsable para recibir o dorsal de carreira. Sen a devandita documentación o dorsal non será entregado e a participación na carreira non será posible.

REALIZACIÓN DO TEST

Nesta edición, a organización pon a disposición de todos os participantes interesados e de forma gratuíta a realización do test de antíxenos.

A zona de realización de test estará situada no aparcadoiro do Palacio dos Deportes de Riazor no seguinte horario:

  • Xoves día 30 de 17.00 a 21.00 horas
  • Venres día 1 de outubro de 17.00 a 21.00 horas
  • Sábado día 2 de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.

É preciso seleccionar o día de realización do test na seguinte Ligazón

Desde a concellaría de deportes, lamentamos o inconveniente que poida supoñer a realización de test de antíxenos por parte dos e das atletas inscritos na carreira C10 deste domingo. Esta medida tómase pensando na seguridade das persoas participantes e cumprindo en todo momento coas recomendacións para eventos multitudinarios do protocolo FISICOVID-DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte. Como se recolle no regulamento da carreira, a C10 sométese ao cumprimento das normas que establecen as autoridades sanitarias en cada momento.

Esperouse ata última hora para saber se cun certificado de vacinación sería suficiente para participar, pero aínda non obtivemos resposta. A alternativa era correr con máscara, respectando a distancia de seguridade e en quendas de 10 atletas.

Dispúxose a posibilidade de que o test de antíxenos fose de maneira gratuíta na Coruña e moitos xa solicitastes día e hora para facelo con antelación, algo que vos agradecemos.

Sen máis, reiteramos as desculpas polas molestias ocasionadas.

Moitas grazas e contamos convosco o domingo!

A continuación pode descargar o documento completo

Documentos relacionados

  • Protocolo Anticovid19 - Medidas de actuación (690 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión