Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xaneiro de 2021

Adiamento da realización do XIII Medio Maratón Coruña21

Aprázase a XIII edición do XIII Medio Maratón Coruña21, programada para o 14 de febreiro de 2021

Desde o Concello da Coruña estivemos a traballar ata o último momento, esperando que as circunstancias fosen outras e que nos fosen favorables para manter a edición 2021 desta proba deportiva que ano tras ano demostrou o interese que suscita, non só para o atletismo federado de alto nivel, senón para todas as persoas atletas federadas e populares apaixonadas por esta distancia.

Valoráronse todas as opcións posibles, tendo moi presentes as limitacións que supoñen a situación actual e o estrito cumprimento das normas que en materia sanitaria e deportiva establece a normativa vixente para as probas de ruta: a limitación do número máximo de participantes, a ampliación dos espazos de saída e meta, a modificación de percorridos que posibilitasen unha redución da afección ao tráfico da cidade pola realización dunha proba deportiva con menor número de participantes etc... O único fin foi manter a realización da proba e compatibilizar o alto nivel deportivo coa participación de atletas populares. A situación que se produciu desde a declaración do estado de alarma o pasado mes de marzo de 2020 impediu que as persoas afeccionadas ás carreiras poidan cumprir coa súa paixón, que é correr en compañía.

Como xa comunicamos o pasado mes de outubro, para o Concello da Coruña o primeiro obxectivo é protexer a saúde pública. O seguinte é que a cidadanía da Coruña poida desenvolver actividade física coas máximas garantías. A situación sanitaria que estamos a padecer impón o cumprimento estrito das normas que periodicamente aproban as autoridades sanitarias estatal e autonómica. No exercicio das competencias propias, o Concello da Coruña acolle todas as recomendacións e, a maiores, pode adoptar medidas adicionais de protección da saúde pública naquelas actividades en que a lexislación vixente recoñece a intervención municipal para a súa regulamentación, autorización, inspección e control.

Á vista do crecemento dos contaxios que se están producindo a todos os niveis, e tendo en conta a implantación das novas restricións e normas ditadas polas autoridades sanitarias da Xunta de Galicia e que lle afectan directamente ao deporte popular e federado, nun exercicio de responsabilidade e entendendo que nas próximas datas non se darán as circunstancias idóneas, tomamos a decisión de aprazar a realización da XIII edición do Medio Maratón C21, incluída no calendario oficial da Real Federación Española de Atletismo, ata que as circunstancias o permitan.

Desde o concello continuaremos traballando para retomar a actividade en canto sexa posible, cumprindo cun dos valores fundamentais do deporte: "a superación". Xuntas e xuntos superaremos esta situación, é o noso máis firme desexo, volver con máis forza que nunca a percorrer as rúas da nosa cidade.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión