Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de outubro de 2021

As carreiras populares volven ás rúas

Un total de 1.400 persoas participaron na C10 máis inclusiva e solidaria. A alcaldesa, Inés Rey, celebrou o regreso da proba más emblemática das tres que se realizan na cidade

O sol aliouse coas ganas de correr na Coruña, que se botou ás rúas para celebrar a volta da C10, a carreira máis querida polas coruñesas e coruñeses. A cidade viviu hoxe unha gran festa do deporte en que a inclusión foi a principal meta.

Preto de 1.400 corredoras e corredores participaron na décimo quinta edición da C10 máis inclusiva, que se converteu na proba máis masiva de Galicia até o momento tras o parón motivado pola COVID-19. Ademais, a carreira estreaba percorrido polos peiraos, con saída na avenida de Montoto.

A alcaldesa, Inés Rey, celebrou o regreso da proba máis emblemática das tres que se realizan na cidade e que serven para proxectar a imaxe dunha cidade comprometida co deporte. "Unha proba de que o deporte está de volta, de que estamos recuperando a normalidade, facendo deporte na rúa e gozando a cidade", dixo, e felicitou a todas as persoas implicadas na organización da proba que se realizou cumprindo con todas as medidas de seguridade.

Os primeiros postos na carreira foron na categoría masculina para Nassim Hassaous con 29:13; segundo o keniata Shamack Kiprop con 29:18; e o terceiro posto foi para Hinchan Sigueni, de Marrocos, cun tempo de 29:28. O primeiro galego na xeral cun sexto posto foi Alejandro Fernández, cun tempo de 30:01.

Na categoría feminina, o primeiro posto foi para a keniata Selah Busienei, con 32:33. A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, que participou na carreira, foi a encargada de entregarlles os premios.

A concelleira agradeceulles a Aspronaga, Grumico e Enki as súas achegas, que fixeron desta carreira unha referencia de inclusión. "Esta C10 foi máis inclusiva e a intención do concello é avanzar no obxectivo de facer de Coruña 10 unha carreira 100% inclusiva", dixo.

A concelleira apuntou que para 2022 se agarda volver co ritmo habitual das carreiras: Medio Maratón no primeiro trimestre; Coruña 10 no segundo, e no último trimestre, o Maratón Atlántico, sen esquecer o circuíto Coruña Corre, "sinal de identidade do noso atletismo máis popular", concretou.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión