Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de abril de 2022

Corre, as fotos da C10 están xa dispoñibles!

Se fuches un/unha das máis de 2.300 persoas participantes na carreira do pasado domingo, ou queres ver a familiares e amizades en acción, presentámosche a galería de fotos da proba máis popular do atletismo coruñés.

A décimo sexta edición de Coruña10 xa forma parte da historia desta sexta mellor proba 10K de España (segundo a RFEA), unha carreira que segue progresando co binomio Concello da Coruña e Federación Galega de Atletismo, a axuda de patrocinadores (El Corte Inglés, CocaCola, Gadis e Sanbrandan), das persoas voluntarias, Protección Civil e Policía Local e todos/as os/as que vos sumades a correr co "Atlántico aos vosos pés".

O domingo 24 de abril foi o día de gozar do asfalto coruñés, dun circuíto deseñado para mellorar marcas persoais e no que se rozou o récord absoluto da categoría feminina, inamovible, como o masculino, desde 2009.

A meteoroloxía, a pesar da previsión de choiva, respectou tamén a Coruña10, na que se reuniron case 1.800 persoas na proba absoluta e da que tamén deron boa conta as/os menores de idade, cuxa inscrición era gratuíta. En total, máis de 2.300 participantes.

Ademais, realizouse unha actividade solidaria de zumba para recadar fondos para Ucraína, país que estivo moi presente nesta edición, e lembrouse o oftalmólogo Juan Tábara, por quen se gardou un minuto de silencio.

Agora, tes á túa disposición a galería de imaxes da proba, para que goces, xa máis relaxado/a, do que deu de si esta espectacular 10K que temos na Coruña, dos sorrisos dos/as corredores/as, da satisfacción de chegar á meta e ser 'finisher'.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión