Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de novembro de 2022

Coruña Corre condicionará unhas horas o tráfico en Novo Mesoiro

Produciranse algunhas restricións pola penúltima cita de Coruña Corre

Coruña Corre desembarca este domingo en Novo Mesoiro e condicionará unhas horas o tráfico neste barrio coruñés.

A carreira absoluta, que comezará ás 10.00 horas, restrinxirá a circulación de vehículos polas arterias do barrio. Cortarase o acceso a Novo Mesoiro na glorieta da estrada de Feáns/Illas Sisargas, excepto para os buses urbanos, que darán a volta ao final da rúa Illas Sisargas.

Estará prohibido estacionar na rúa Ancares, excepto no aparcadoiro do Centro Cívico, do que non se poderán retirar vehículos ata as 14.00 horas. Tampouco se poderá aparcar na rúa Laxe e en Illas Sisargas, no tramo alto de baixada máis próximo á rúa Laxe.

Igualmente, non haberá posibilidade de retirar vehículos nas rúas Fragas do Eume, Ribeira Sacra e avenida de Novo Mesoiro (desde Illa de Sálvora ata Ribeira Sacra) entre as 09.45 e as 10.45 horas; e tampouco nas rúas Illa de Sálvora, Laxe e avenida de Novo Mesoiro (tramo de subida desde Illa de Sálvora ata Illas Cíes), entre as 09.45 e as 11.30 horas.

Os garaxes afectados nestas rúas permanecerán pechados mediante conos de sinalización viaria e estarán controlados para evitar interferencias no paso das persoas participantes na carreira.

A organización agradece, como sempre, a colaboración e comprensión da veciñanza ante estas alteracións de tráfico e estacionamento que son necesarias para o bo desenvolvemento da penúltima cita de Coruña Corre en 2022.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión