Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de decembro de 2022

Coruña42 cumpre 10 anos, vén celebralo!

O Maratón Atlántica abre as súas inscricións para unha edición moi especial que se levará a cabo en outubro de 2023

O Maratón Atlántica Coruña42, que se levará a cabo o 8 de outubro de 2023, abre o seu período de inscrición. A única proba de 42 quilómetros homologada do noroeste peninsular inicia así a súa conta atrás para unha edición moi especial: a décima. Corre connosco e apúntate!

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo (FGA) organizan a máis grande das que se disputan na cidade herculina.

O Maratón Atlántica, que está incluída no calendario da Real Federación Española de Atletismo, contará, en paralelo, cunha carreira de dez quilómetros.

O prazo ordinario de inscrición estará aberto ata o domingo 9 de abril de 2023 cun prezo de 30 euros.

Do luns 10 de abril ao domingo 3 de setembro, habilitarase un segundo prazo ordinario con cota de 40 euros.

O terceiro e último prazo ordinario estará dispoñible entre o luns 4 de setembro e o domingo 24 de setembro cun prezo de 50 euros.

Por último, abrirase un prazo extraordinario, do luns 25 de setembro ao domingo 1 de outubro, no que a inscrición terá un custo de 60 euros.

As persoas maiores de 65 anos, aquelas que dispoñan do Carné Xove e as que estean en situación de desemprego disporán dunha bonificación do cincuenta por cento.

A inscrición será gratuíta para quen completase as nove edicións anteriores do Maratón Atlántica Coruña42 sempre que formalicen a súa inscrición antes do 24 de setembro ás 23.59 horas.

A X C42 agárdate, así que xa podes programar a túa preparación para a proba e inscribirte na carreira máis grande da Coruña, que chega a unha edición moi especial. Forma parte dela!

INSCRICIÓNS - X Maratón Atlántica Coruña42 e Carreira 10K

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión