Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de setembro de 2022

Coruña42, un maratón de servizos asociados á carreira

A proba contará con aseos, servizo de ducha, avituallamento, recollida de residuos, médicos e fisioterapeutas, entre outros.

Coruña42 chega cun maratón de servizos asociada á carreira que regresa ás rúas da cidade o vindeiro domingo, 2 de outubro, despois de tres anos de espera pola pandemia.

Para participar na proba, as persoas participantes necesitan o dorsal que poderán recoller en Palexco, durante a celebración da Exporunning, feira do corredor, o venres, 30 de setembro, de 17.00 a 21.30 horas e o sábado, 1 de outubro, de 10.00 a 20.00 horas. Tamén, de maneira extraordinaria, o día da carreira, entre as 07.00 e as 07.30 na zona que se habilitará con ese fin na praza de María Pita . Xunto co dorsal, recibirás a camiseta desta edición.

As persoas corredoras terán á súa disposición aseos portátiles na zona de saída, en meta e nos puntos de avituallamento, que estarán situados cada cinco quilómetros (aproximadamente) e contarán con postos de recollida selectiva de residuos, que son de uso obrigatorio (non usalos poderá supoñer a descualificación). O avituallamento líquido, nos quilómetros acabados en 5, consistirá en auga e bebidas isotónicas; nos quilómetros acabados en 0, haberá tamén avituallamento sólido, con laranxas e pátanos.

Tamén dispoñerán de duchas, no acuartelamento de Atocha, e servizo de gardarroupa, nos soportais de María Pita .

A proba contará cos servizos médicos recomendados pola Real Federación Española de Atletismo. Na zona de meta, na praza de María Pita, estarán localizados os servizos de podoloxía e fisioterapia.

Habilitaranse servizos complementarios como a descarga en liña dun diploma de participación e a medalla de finisher, que poderá gravarse na súa parte posterior co tempo que acadase cada deportista. Ademais, rexistrarase en vídeo a chegada a meta.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión