Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de febreiro de 2019

Dorsais e caixóns de saída de Coruña21, máis facilidades para as/os atletas

A undécima edición do medio maratón quere ofrecer de novo a maior comodidade e facilidades para as súas persoas participantes. Con ese obxectivo estableceu cinco caixóns de saída en función dos tempos e o mesmo número de cores para diferenciar os dorsais das/os corredoras/es.

Co establecemento, unha edición máis, de ata cinco caixóns de saída, desde a organización de Coruña21 búscase facilitar a saída e evitar embotellamentos no multitudinario inicio da proba. Así mesmo, pídeselles ás persoas participantes á hora de colocárense no caixón que lles corresponde polo seu tempo para favorecer o bo desenvolvemento da proba.

Ademais de avituallamento, tanto na meta como durante o trazado do circuíto cuxos puntos, segundo as normativas da IAAF, se situarán a partir do quilómetro cinco e, aproximadamente, cada cinco quilómetros.

ENTREGA DE DORSAIS

A entrega de dorsais e chip realizarase no Departamento de Deportes de El Corte Inglés de Marineda City o venres día 15 en horario de 17:00 a 21.30 horas e o sábado día 16 de 10:00 a 21:30 horas.

Tamén poderán recollerse os dorsais o propio día da carreira na zona de saída/meta no Obelisco, de 8:30 a 9:45 horas. Pídeselles ás persoas participantes que procuren, na medida do posible, recoller previamente o dorsal, para evitar aglomeracións.

Os dorsais contarán cun código QR a través do cal as/os corredoras/es finisher poderán consultar os seus rexistros de forma instantánea, a través deste dispositivo. Ver modelo de correspondencia de cor de dorsal e caixóns de saída no pé da noticia.

CAIXÓNS DE SAÍDA

Haberá cinco caixóns de saída diferentes, en función dos tempos e buscando garantir que non se produzan embotellamentos no inicio da proba.

Cada un deses caixóns identificarase cunha cor de dorsal distintiva, cuxa orde se pode consultar no documento adxunto no pé da noticia.

Pedímoslles responsabilidade ás persoas atletas á hora de situárense neles para poder gozarmos todos, o día da carreira.

Caixón 1

Homes

< 33 min. en 10km e < 1h20min no medio maratón

Mulleres

< 40min en 10km e < 1h35min no medio maratón

Caixón 2

Homes

entre 33 min e 36 min en 10km e entre 1h20 min e 1h25 min no medio maratón

Mulleres

entre 40 min. e 43 min. en 10 km. e entre 1h35 min. e 1h40 min no medio maratón

Caixón 3

Homes

entre 36 min e 39 min en 10km e entre 1h25min e 1h30 min no medio maratón

Mulleres

entre 43 min e 46 min en 10 km e entre 1h40 min e 1h e 45min no medio maratón

Caixón 4

Homes

entre 39 min e 42 min en 10km e entre 1h30 e 1h35 min no medio maratón

Mulleres

entre 46 min 49 min en 10 km e entre 1h45 min e 1h50 min no medio maratón

Caixón 5

Homes

tempos superiores aos especificados no caixón 4, ou sen marca

Mulleres

AVITUALLAMENTOS

Seguindo as normas da I.A.A.F, instalaranse postos de auga a partir do quilómetro 5 e aproximadamente cada 5 quilómetros.

Toda persoa participante que desexe utilizar un avituallamento propio deberá entregarllo á organización ata unha hora antes da saída, debidamente cerrado e marcado co seu número de dorsal e punto quilométrico no que quere atopalo. No caso de que a/o participante queira que o seu avituallamento persoal se lle entregue en man, é a súa responsabilidade designar e situar unha persoa especificamente para esta función. A dita persoa deberá estar acreditada pola organización.

Calquera avituallamento fóra da zona marcada para iso poderá supoñer a descualificación da carreira da persoa infractora.

Así mesmo poñeranse a disposición das/os corredoras/es colectores suficientes para a recollida dos residuos, que son de uso obrigatorio, polo que a non utilización por parte das persoas participantes, poderá supoñer a súa descualificación.

Cantón pequeno en dirección á praza de Mina

PUNTO 1

Km. 9,515

Está activo no segundo paso de carreira por ese punto

Auga + isotónica + froita

Avda. do Exército dirección cara á praza da Palloza á altura da praza de Tabacos

PUNTO 2

Km. 5,255

(primeira volta)

Está activo nos dous pasos de carreira por ese punto

Auga

Km. 14,555 (segunda volta)

Auga + isotónica + froita

Paseo Marítimo dirección cara á rotonda das Ánimas en dirección ao Paseo das Ánimas á altura da S.D. Hípica

PUNTO 3

Km. 19,235

Está activo no segundo paso por ese punto

Auga

Documentos relacionados

  • Correspondencia de cores de dorsais e caixóns de saída (547 KB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión