Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de febreiro de 2019

O prazo de inscrición do Maratón Coruña42 continúa aberto

No mes de abril, o domingo 14, terá lugar a oitava edición do Maratón Atlántica Coruña42, que abarca a realización tanto da proba de 42 quilómetros como dunha carreira popular de 10, coñecida como 10 K.

O maratón coincidirá, un ano máis, coa realización do Campionato de Galicia Absoluto e de Veteranos Individual e de Clubs, incluída no calendario da RFEA. A saída do Maratón Atlántica terá lugar ás 08.30 horas.

A inscrición para participar no Maratón estará aberta ata as 23.59 horas do 31 de marzo no web www.carreirasgalegas.com A cota será de 25 euros ata esta data ou ata conseguir as 1.500 persoas inscritas, no caso dos e das atletas con licenza da FGA, para o Campionato Galego, será gratuíta e deberán facelo a través da ligazón https:// isis. rfea.es/ sirfea2.

Neste tempo, todas aquelas persoas maiores de 65 anos, posuidoras do Carné Xove ou desempregadas que queiran participar, poderán solicitar a bonificación do 50%, a través dunha declaración responsable no momento de formalizar a inscrición, e remitindo a documentación correspondente á Federación Galega de Atletismo a través do correo info@carreirasgalegas.com .

A partir do día 1 de abril, e ata as 23.59 horas do día 7, abrirase un prazo extraordinario que aumentará en 15 euros a cota de participación. Do mesmo xeito que o Maratón Atlántica, a 10 K terá dous prazos de inscrición a través do web www.carreirasgalegas.com. A cota común que se poderá aboar ata o 31 de marzo será de 5 euros, mentres que a extraordinaria do 1 a 7 de abril será de 15 euros. Para máis información sobre estas grandes carreiras, así como outras probas deportivas promovidas polo Concello, pódese visitar a páxina web www.coruna.gal/carreiraspopulares.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión