Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de setembro de 2021

Entrega de dorsais e zona de pre-saída e saída de Coruña10

A décimo quinta edición da Coruña10 quere ofrecer a maior seguridade para as súas persoas participantes, cumprindo co protocolo COVID-19. Con ese obxectivo estableceu unha zona de pre-saída e saída en función dos tempos e distinta identificación nos dorsais para diferenciar a serie de participación das e dos corredores. Podes seguir a proba en directo nesta páxina.

As saídas estarán repartidas en 15 series de 100 corredores/as, con dez minutos (10') de intervalo entre cada unha. Está prevista a primeira (correspondente a corredores/as con peores tempos), para as 09.00 horas.

Habilitarase unha zona de PRE-SAÍDA, onde todos/as os/as participantes deberán presentarse, con rigorosa puntualidade, soamente dez minutos (10') antes do horario de SAÍDA da súa serie (ver cadro de distribución horaria)

Cada dorsal levará impreso o número de cada Serie, así como o seu horario de SAÍDA e de presentación en PRE-SAÍDA correspondente.

• Serie 1: Pre-saída (08.50 horas) - Saída (09.00 horas), do 0100 ao 0199

• Serie 2: Pre-saída (09.00 horas) - Saída (09.10 horas), do 0200 ao 0299

• E así sucesivamente...

A última serie corresponderá á Serie *Elite (as/os máis rápidas/os), con SAÍDA prevista para as 12.15 horas.

ZONA PRE-SAÍDA: No acceso á PRE-SAÍDA realizarase o control de dorsais, temperatura e o uso de máscara. Nesta zona permitiranse os exercicios de quecemento. Será en todo momento obrigatorio o uso de máscara e o mantemento da distancia interpersoal.

ZONA SAÍDA: Ao pasar á zona de SAÍDA poderase retirar a máscara. Será obrigatorio permanecer estático cada corredor/a no seu punto, e esperando atentamente á voz de "aos seus postos" dos xuíces de saída, momento no que se poderá abandonar o punto, e situarse agrupados/as ata o disparo na liña de SAÍDA.

A entrega de dorsais realizarase en El Corte Inglés da Coruña (Rúa Ramón y Cajal, 57 e 59) o venres día 1 en horario de 17.00 a 22.00 horas e o sábado día 2 de 10.00 a 21.30 horas, e excepcionalmente o día da competición, ata 30 minutos antes da pre-saída asignada a cada participante

Lémbrase tamén que, para a retirada do dorsal cada participante deberá mostrar un certificado dunha proba PCR ou de antíxenos negativa CERTIFICADA por farmacia ou servizo médico cun máximo de 72 h antes do inicio da proba. Serán válidos aqueles certificados coa data do xoves 30 de setembro, venres 1 de outubro, sábado 2 de outubro ou o domingo 3 de outubro.

Será imprescindible que o devandito certificado sexa entregado xunto coa declaración responsable para recibir o dorsal de carreira. Sen esta documentación o dorsal non será entregado e a participación na carreira non será posible.

É posible que a mesma perosa poida recoller varios dorsais de carreira, sempre que conte coa autorización das/os atletas, entregando as declaracións responsables e mostrando o certificado negativo dunha proba PCR ou de antíxenos.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión