Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de marzo de 2022

O Maratón Atlántica Coruña42 comeza a súa promoción na Expo Marathon do Maratón de Bilbao do 4 e 5 marzo

Bilbao será a primeira dunha lista de cidades cos eventos de carreiras máis multitudinarios

O Maratón Atlántica Coruña42 volve ás feiras das carreiras máis importantes do calendario runner. Esta fin de semana, a proba coruñesa estará presente en Expo Marathon do Bilbao Bizkaia Marathon, carreira que contará con preto de 2.000 persoas inscritas na súa modalidade de maratón e no 10K que se realiza de forma paralela.

A cidade bilbaína móstrase como unha grande oportunidade para promover o evento deportivo coruñés, que se realizará o próximo 2 de outubro. Coruña42 comezará na Expo Marathon un percorrido promocional que a levará, entre outras, ás cidades de Bilbao, Barcelona e Madrid durante os próximos meses.

As persoas asistentes á expo bilbaína poderán visitar o posto coruñés e pedir información acerca de vivir a experiencia dun maratón aos pés do Atlántico, así como solicitar información da Coruña.

É importante lembrar que Coruña42 tamén terá o seu correspondente 10K, así como un minimaratón para as e os máis pequenos da casa, que se converterá nunha oportunidade de viaxar en familia e gozar así de todo o encanto da cidade herculina.

As inscricións estarán abertas a partir do 1 de abril, seis meses antes de que se leve a cabo o Maratón Atlántica e poderán realizarse na páxina web oficial do evento: www.coruna.gal/carreiraspopulares

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión