Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de novembro de 2022

Novo Mesoiro pecha a inscrición con case 2.000 persoas

É a terceira cifra máis alta da tempada en Coruña Corre, última proba puntuable do circuíto

Preto de 2.000 persoas inscribíronse á última proba que puntúa para o circuíto de carreiras populares Coruña Corre, a que se realizará o vindeiro domingo, 27 de novembro, en Novo Mesoiro.

En concreto, 1.928 deportistas apuntáronse a esta cita do calendario, a que acabará de definir as clasificacións en todas as categorías a partir de sub-10.

Esa cifra é a terceira máis alta da tempada en Coruña Corre en número de inscricións, só superada polas carreiras da Torre de Hércules e o Ventorrillo, aínda que esta última co matiz de que contou con dous prazos de inscrición ao verse aprazada por unha borrasca na data inicialmente prevista.

A carreira de adultos/as, que comezará ás 10:00 horas, reunirá, se acoden todas as persoas inscritas, a 901 atletas no barrio de Novo Mesoiro. Novamente, e esta vez sen adiamento, superouse o medio milleiro de Peques.

Aínda que esta é a última proba puntuable para Coruña Corre, a tempada terá unha carreira extra, a que conmemorará o 50 aniversario do CHUAC o próximo 18 de decembro e que conta xa con máis de 300 persoas inscritas en https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2442/carreira-popular-50-anos-do-chuac.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión