Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

28 de setembro de 2018

O domingo finaliza o prazo extraordinario de inscrición da XII Carreira Popular Coruña10, que se celebrará o 7 de outubro

A inscrición en liña estará operativa ata as 23:59 horas do 30 de setembro de 2018, na web www.carreirasgalegas.com . Recordarmos a todos que non se admitirán inscricións fora de prazo, nin incompletas.

Os dorsais estarán deseñados segundo os tempos que as e os atletas teñan como marca nos 10 quilómetros.  

Existirán 5 tipos de dorsais, coa cor corresponde ao seu caixón que serán verde, vermello, laranxa, azul e morado.

Poderanse recoller no Departamento de Deportes de El Corte Inglés ubicado na rúa Ramón y Cajal, 57 e 59 (A Coruña),  nos seguintes días e horarios:

  • Venres 5 de outubro, de 17 h  a 21.30 horas

  • Sábado 6 de outubro, de 10.00 a 21.30 horas.

De xeito extraordinario, e para todas as e os atletas residentes fóra da cidade, facilitarase a recollida dos dorsais o mesmo día da carreira, o domingo 7 de outubro, ata unha hora antes do comezo da proba, na zona da saída da proba popular. Aconsellamos, a recollida anticipada para evitar aglomeracións de última hora.

Para as e os atletas das categorías inferiores, a entrega realizarase tamén o domingo día 7 até unha hora antes da saída de cada unha das categorías.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión