Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de abril de 2022

Volve a C42 tres anos despois da última edición: abrimos inscrición!

O sábado 2 de abril ás 9.42 h ábrese a inscrición do maratón Atlántica e da 10K do 2 de outubro

Seis meses faltan para que os maratonianos e maratonianas volvan poboar as rúas da Coruña. Tras a interrupción obrigada pola pandemia, a novena edición da C42 ten data, 2 de outubro, e prazo de inscrición: pódeste inscribires a partir das 9.42 horas do sábado 2 de abril.

Haberá dous prazos de inscrición:

  • Ordinario, desde o 2 de abril ata o 18 de setembro, cunha cota de 30 euros
  • Extraordinario, desde o 19 ata o 25 de setembro, cunha cota de 50 euros

As/os maiores de 65 anos, as persoas en posesión do carné xove e as que están en situación de desemprego pagarán a metade. Todas aquelas persoas que finalizasen o medio maratón de febreiro e finalicen a C10 de finais de abril terán dereito á inscrición gratuíta no maratón Atlántica.

Coincidindo coa proba dos 42.195 metros, realizarase, como é tradicional, unha 10K. As persoas que desexen inscribirse nesta carreira dispoñen tamén de dous prazos:

  • Ordinario, desde o 2 de abril ata o 18 de setembro, cunha cota de 6 euros
  • Extraordinario, desde o 19 ata o 25 de setembro, cunha cota de 15 euros

A inscrición para ambas as probas realízase a través da pasarela de pago inserida na páxina web da Federación Galega de Atletismo, www.carreirasgalegas.com

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión