Galaicos e romanos
Por medio dos contactos comerciais con Roma, seguidos da conquista dos territorios do norte e noroeste peninsular por parte de Roma, produciranse unha serie de transformacións que cambiarán as estruturas sociais, económicas, políticas e relixiosas da cultura castrexa.
Este proceso de aculturación ou asimilación, coñecido como romanización, foi longo e desigual, e resultou complexo o coñecemento de certos aspectos del.
A actitude das xentes que vivían nos castros do noroeste ante Roma non resultou ser a mesma que a doutros pobos peninsulares, polo que a resposta tampouco o foi. A realidade mostra que ata o século II d.C., co noroeste plenamente integrado nas estruturas administrativas e económicas do imperio romano, seguen habitándose os castros e mesmo, en lugar de decrecer, poténciase o seu uso.
Dentro deste contexto e partindo da singularidade do substrato galaico, resulta unha nova cultura cunha forma de vida, costumes e mesmo lingua distintas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible