Concello da Coruña

Concello da Coruña

Anel de bronce decorado, detalle (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña).

Anel de bronce

A importancia do bronce na Idade do Ferro

A pesar de pertencer á Idade do Ferro, dise que os galaicos seguen sendo unha cultura do bronce ata a chegada de Roma. En todo caso, sabemos que daquela existía unha importante explotación da casiterita, do chumbo e o cobre, materiais empregados polos artesáns do metal, sendo moi valorados desde o punto de vista social.

En bronce realizábanse obxectos para a contención e preparación de alimentos como caldeiros e outros recipientes, elementos para o vestido e o adorno persoal como diademas, agullas, aneis, acus crinalis ou fíbulas, obxectos relacionados co armamento como lanzas, puñais, espadas e cascos, así como un tipo de obxecto que cambiará para sempre a economía, como serán as moedas.

O arqueólogo José María Bello, apunta sobre a existencia dun obradoiro de ourivaría no castro. Nunha construción localizouse unha cinta ou fío de ouro enrolado e un pequeno obxecto de pedra puído, que podería relacionarse cunha posible pedra de toque e que poderían pertencer aos materiais de traballo do ourive. Ademais, a escasa distancia atopáronse restos dunha fogueira sobre barro, cinzas amontoadas, escorias de fundición, pezas de bronce e crisois. Nas vitrinas do Museo de San Antón expóñense varias pezas de taller de metal, como unha tubaxe de forno ou un molde de fundición dunha empuñadura de espada de antenas.

En Elviña foron localizados aneis simples, compostos por unha tira fina de bronce formando un círculo, así como unha peza singular, correspondente ao fragmento dunha placa de sección cilíndrica, decorada con series formadas por círculos concéntricos incisos, en cuxo centro se dispoñen en volume, pequenas esferas ou apéndices.

Anel de bronce decorado (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña).

Anel de bronce (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña).


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión