Pivote e parte inferior do corpo dunha ánfora romana (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)
Ánfora
Cando o viño chegou ás nosas costas
"Están escasos os montañeses de viño e os que o conseguen gástano rapidamente en festíns coas familias". Desta forma referíase o xeógrafo grego Estrabón aos habitantes do norte da penínsular ibérica. Aínda que os autores clásicos fálannos dos pobos conquistados nun ton pexorativo en tanto que eran considerados pobos bárbaros, en contraposición ao mundo "civilizado" grecorromano, o certo é que o rexistro arqueolóxico confirma a chegada de viño ao castro, pero non como único produto foráneo.
O principal colector para o transporte de alimentos na antigüidade serán as ánforas. O seu deseño estaba orientado ao transporte mariño, principal medio de traslado de mercadorías pesadas ata a actualidade.
Dentro delas conservábanse diversos produtos, tanto sólidos - olivas, cereais ou peixe - como líquidos - aceite, viño, salsas ou ungüentos -. Era habitual a súa fabricación preto do centro de produción ou recollida de produtos que transportaban polo que, á parte de proporcionar información cronolóxica, permiten obter datos sobre as rutas comerciais, centros de abastecemento e redistribuidores de produtos, como se supón que sería o oppidum de Elviña.
As ánforas localizadas no castro proceden principalmente do sur da península Ibérica, da área grecoitálica e do norte de África.
Bordo e asa de ánfora Haltern 70, fabricada entre o século I a.C. e o século I d.C. (Museo Arqueolóxico e Histórico do Museo do castelo de San Antón da Coruña).
Base de ánfora enterrada localizada no castro (Museo Arqueolóxico e Histórico do Museo do castelo de San Antón da Coruña )
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible