Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fíbula en omega, con cronoloxía do século I a.C. ao IV d.C. (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)

Fíbulas

Os antecesores dos botóns

As fíbulas posúen unha grande importancia no mundo da vestimenta, desde a prehistoria ata a actualidade. A necesidade de suxeitar roupaxes propiciou o uso do alfinete. Con todo, carecía da estabilidade necesaria que permitise asegurar a permanencia da peza téxtil no lugar correspondente, polo que foi creada a fíbula alá na Idade de Bronce.

Os elementos que a compoñen, tipoloxía e estabilidade, varían segundo as formas que coñecemos. Estas diferenzas estarán baseadas na intención de conseguir un perfeccionamento técnico, así como un deseño determinado, xa que ademais de elementos funcionais trátase de pezas para ser lucidas.

Unha fíbula componse de varias partes que son a agulla, a cabeceira ou eixe no que se enrola a base da agulla, a ponte ou arco e o pé, que é a zona na que se apoia a punta da agulla. Con todo, a fíbula en omega á que pertence o exemplar da imaxe resulta formalmente máis sinxela. Aparece composta por un aro, cos extremos dobrados sobre a propia peza e unha agulla, aínda que o exemplar non a conservou. O modelo foi elaborado en bronce e perdurou desde o século I a.C. ao IV d.C.

Fíbula de traveseiro (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión